1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

040514 mudarGaliza - Isca! - O sistema quere que nos resignemos e que fiquemos domesticadas e pasivas.


Que pensemos que nada se pode facer para cambiar o estado das cousas, e que esta realidade é a única posíbel. Cando non é así, usan a represión e o medo co mesmo obxectivo, desmobilizarnos xusto nun momento en é mais necesario que nunca organizarse e loitar.

A mocidade galega comeza a ser cada vez máis consciente de que están a roubar o seu futuro. Non hai emprego e o pouco que hai é precario e en condicións de explotación extrema. Obríngannos a emigrar. A vivenda cada vez é máis un luxo e non un dereito, e o ensino cada vez máis elitista e españolizador. Discriminan e atacan a nosa lingua propia e a nosa cultura en todos os ámbitos. Impidenlle ás mozas decidiren sobre os seus corpos. Seguen a aplicar recortes ás clases populares mentres os poderosos continúan a enriquecerse. Para garantir que todo iso se leva a cabo sen oposición, recortan as liberdades públicas e os poucos espazos democráticos que ainda existían, reformando as leis e o código penal ao seu antollo.

Desemprego, precariedade, emigración, despexos, represión, privatizacións, miseria, pobreza... temos cada vez máis razóns para facerlle frente a este sistema criminal e corrupto. Contra o individualismo e o apoliticismo que nos tentan inculcar, nós pensamos que é tempo de dar a batalla. Organizarse e loitar hoxe é construir a sociedade nova do mañá, a Galiza ceibe e socialista que arelamos.

Queres a mudar a realidade? Achégate o vindeiro xoves día 8 a partir das 20:00 horas ao Bar Faluya na Coruña e construamos desde xa unha sociedade diferente organizada sobre outras bases.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.