1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

yago2Galiza - Revista Abordaxe - A noticía do desaloxo está a dar lugar a comunicados e opinións en contra deste desaloxo que todo aponta a que foi ilegal, sen orden xudicial algunha.


Colamos agora este comunicado recollido xa na anterior noticia como comentario, dado que amplía a información e chama á participar da convocatoria de Concentración na Porta do camiño ás 8 da tarde de hoxe:

Hoxe, de mañá cedo, desaloxaron a Sala Yago.

Como seguramente saberedes, é a segunda vez que se tenta ocupar este espazo. No pouco tempo que duraron as okupacións, desenvolveuse un traballo cultural de base, libre e completamente alleo a empresas e institucións. O vello proxector, do ano 1934, voltou funcionar para ledicia de okupas e viciñas. Houbo charlas literarias, obradoiros para crianzas, proxecións, debates, concertos... e especialmente foi un espazo de convivencia e intercambio, que, creando comunidade, loitou contra a especulación e a corrupción que impera na nosa cidade.

Se anteriormente nos vimos as caras co fachendoso mafioso de Conde Roa, agora o seu herdeiro Currás, tamén imputado por ladrón, está detrás dun operativo policial ilegal que procede a botarnos fóra da sala sen orde de desaloxo.

A nós nunca nos importou a súa legalidade, esa que eles mesmos vulneran sen contemplacións. Sabemos que estábamos a molestar, e queremos molestar. Moitas de vós pasastes por esta sala, axudástesnos a desobedecer, a crear e a coñecérmonos un pouco máis nun mundo dominado polo medo e a psicose.

É por iso que hoxe chamámoste de novo, ás oito na Porta do Camiño. Sen medo e con orgullo de desobedecer a esta panda de criminais. Abonda xa de políticos e empresarios que decidan por nós. Retomemos o control das nosas vidas. Pola disolución do Concello, pola liberdade sen cargos para a xente que foi detida na anterior okupación, e que foi vítima dunha montaxe mediático-policial.

POLA LIBERDADE.

Que estes mafiosos non nos calen a boca.

ÁS 20 H. NA PORTA DO CAMIÑO


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.