1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

yago2Galiza - Revista Abordaxe - Achegamonos ata a nova okupación da Sala Yago e alá déronos o seguinte Comunicado e a programación prevista para os vindeiros días, segundo a que, as portas serán abertas ao pobo mañán mércores con múltiples actividades para todos os públicos e idades:


“A non cooperación con o mal é tan obriga moral como a cooperación con o ben” Henry David Thoreau

En novembro de 2011 un grupo de cidadás tomaba a Sala Yago. Durante os poucos días que durara esta okupación houbera asambleas, proxeccións, circo, monicreques, debates, concertos, xantares, palestras e outras actividades, ás que se achegaran moreas de habitantes da cidade e felicitaban ás “ocupantes” pola iniciativa. Despois, unha montaxen na que se tildaba a varias destas persoas de terroristas, pretendía xustificar o desaloxo violento por parte dos efectivos policiais que mesmo interviran contra solidarias apostadas nos arredores da Yago.

Ao día seguinte a prensa recollía as declaracións do exalcalde Conde Roa nas que afirmaba que a okupación se producira xusto cando o Concello "estaba a punto de cerrar un acuerdo" con a familia propietaria para utilizar as instalacións, rehabilitar o local e adicalo a escola de teatro e danza, ciclos de jazz e outras músicas.

Xá se pasaron 2 anos e 3 meses e desas promesas nada de nada así que, de novo, un outro grupo de veciñas retomamos hoxe a iniciativa de recuperar, unha vez máis, este espazo para devoltarllo á cidadanía e enchelo de actividades que partan da base social desta cidade e sexan, por tanto, totalmente alleias ao mercantilismo da incultura.

É claro que a alcaldía carece de autoridade moral para criminalizar esta nova okupación. Calqueira persoa honrada desta cidade gobernada por ladróns, estafadores, acosadores laborais e mentideiros entenderá que volvamos a ocupar. Nunca esperamos nada de Pokemons e Pikachus pendentes de xuízo por corrupcións múltiples e variadas. Conde Roa xa leva nas súas costas unha condena a 2 anos de prisión por defraudar a Facenda, ou sexa a todas, e o que lles queda. Non imos permitir o trunfo da especulación que se agocha detrás do abandono premeditado desta sala, de gran interés histórico e social, non imos deixar que caia en ruínas. Por iso voltamos a ocupala, para recuparala, para que volva ás mans de toda a cidadanía e para enchela de novo de actividades. Para elo contamos contigo.

Todas á Sala Yago!!

Fora políticos das nosas vidas!!


..................................

Programación Cultural provisional Sala Yago Espazo Liberado:


Xoves 13 febreiro:

14:30- Xantar
17:00- Asamblea Aberta
18:30- “Mesa redonda sobre okupacion"
21:00- Proxección do filme "Douro Faina Fluvial" de Manoel Oliveira.

NOITE: a partir das 22:30- Foliada, Cabaret e Variedades


Venres 14:

11:00- Obradoiro de reparación “Faino ti mesmx”
14:30- Xantar
17:00- Proxección da Obra de Teatro: Torturadxs
19:30- Asamblea Aberta

NOITE: a partir das 22:30- Timba Poética e espectáculo de Break Dance
Concertos: Pura Mestura, Furnier.


Sábado 15:

12:00- Obradoiro e Xogos para crianzas
14:30- Xantar
16:30- Dinámicas de coidados para o traballo en grupo.
18:00- Proxección documental: "La Voz del Gamonal, De quien es la calle?".
19:30- Asamblea

NOITE: apartir das 22:30
Concertos: Folkolikos, Transxenéricas, Mars Attacks e sesión aberta


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.