1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

diariothimotyGaliza - Cineclube Compostela - O Cineclube de Compostela enceta un novo mes este mércores 4 de decembro cunha sesión dedicada ás curtametraxes que o documentarista Humphrey Jennings realizou durante a segunda guerra mundial. En concreto, proxectaranse as pezas A vila calada (The Silent Village, Gran Bretaña, 1943, 36’) e Un diario para Timothy (A Diary for Timothy, Gran Bretaña, 1945, 40’). Será no lugar e horario habituais, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21.30 horas.


A vila calada preséntanos a vida diaria nunha pequena localidade de Gales, Cwmgiedd, e contrasta a súa placidez coa vida de Lidice, na Bohemia, tras a ocupación nazi. De súpeto, a violencia exercida en Lidice irrompe tamén na vila galesa, implícita nunha serie de sons de botas militares, disparos e palabras de orde. A identidade do pobo é borrada e a actividade sindical prohibida. Neste filme, a través a brillantez de Jennings para capturar o drama da vida real, a súa sinxeleza nos planos, a propaganda de guerra británica consegue solidarizar a poboación británica coa traxedia da vila checa.

Un diario para Timothy, pola súa banda, está realizada xa no último ano da guerra. Nela, reflíctese o progreso do conflito bélico a través dos seis primeiros meses da vida dun bebé, Timothy, e de catro personaxes representativas: un maquinista, un labrego, un mineiro galés e un piloto de combate ferido. Mais a historia non se cingue en ningún caso ás escenas destas persoas; con deslumbrante virtuosismo, ligando detalle a detalle por medio dunha abraiante asociación de imaxe, son, música e comentario, o filme trata de xeito libre a vida dun pobo.

Nado en Walberswick, Suffolk, en 1907, Humphrey Jennings estivo desde moi novo relacionado co mundo da cultura, dedicándose de novo a diversas disciplinas como a pintura, a fotografía, a escenografía ou a investigación académica sobre o poeta Thomas Gray. Tamén axudou na organización da exposición surrealista de Londres de 1936, xunto a André Breton, Roland Penrose e Herbert Read; e mantivo unha longa amizade con Alberto Cavalcanti.

En 1934, iniciase no cinema entrando na GPO de John Grierson. Mais, agás algunhas experiencias previas pouco importantes, non será até 1939 que comece a dirixir filmes, e a data é significativa, posto que foi a guerra, e o traballo para a propaganda británica, o que lle fixo asinar as súas mellores obras e pasar á historia do cinema. Algo ao que contribuíu tamén a súa repentina morte, en 1950, ao caír duns cantís da illa grega de Poros mentres rodaba un documentario sobre a posguerra europea.

Será na II Guerra Mundial, e baixo o manto da GPO, viraría na Crown Film Unit en 1940, onde Jennings asinaría curtametraxes como Tempo libre (1939), Londres Resiste (1940, codirixida con Harry Watt), Palabras para a batalla (1941) Escoitade a Gran Bretaña (1942, codirixida con Stewart McAllister) ou a súa única longametraxe, Comezaron os lumes (1943). Todos eles filmes de propaganda, difuminan as liñas entre a ficción e o documental e baseanse nun cuidadoso traballo de montaxe. A maneira de retratar a vida cotiá e o uso da banda sonora son o resto de elementos que converten a Jennings no máis poético dos documentaristas británicos.

A vindeira cuarta feira, 11 de decembro, o Cineclube vai recibir ao historiador do cinema José Luis Castro de Paz, que nos vai visitar para presentar o filme de José Antonio Nieves Conde O inquilino (El inquilino, Estado Español, 1957), a crónica dunha parella desafiuzada da súa vivenda nos anos 50 que semella estar agora de máis actualidade que nunca. O filme, mutilado pola censura franquista, poderá verse nunha versión cos seus dous finais: o ideado polo director e o imposto polo réxime.

Os filmes serán proxectados en versión orixinal con subtítulos en galego. A entrada é de balde, e pódese adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube. O Cineclube tenta ser unha asociación autoxestionada, polo que para manter o noso funcionamento, propoñemos unha achega económica persoal, cunha cota mensual de 5 euros para traballadoras e de 3 para estudantes e paradas. Os socios e socias poderán dispor do fondo do Cineclube antes das proxeccións, os mércores de 21:00 a 21:30.

PRÓXIMAS PROXECCIÓNS

Mércores 4 de decembro ás 21:30 no Pichel

A vila calada
(The Silent Village, Humphrey Jennings, Gran Bretaña, 1943, 36', VOSG
Un diario para Timothy

(A Diary for Timothy, Humphrey Jennings, Gran Bretaña, 1945, 40', VOSG)

Mércores 11 de decembro ás 21:30 no Pichel

O inquilino
(El inquilino, José Antonio Nieves Conde, Estado Español, 1957, 95', VO)
Presentada por José Luis Castro de Paz.

Mércores 18 de decembro ás 21:30 no Pichel

Vida de ratos e dieta en Norteamérica
(Rat Life and Diet in North America, Joyce Wieland, Canada, 1968, 16', VOSG)
O señor das moscas
 
(Повелитель мух [Povelitel mukh], Vladimir Tyulkin, Kazajistán, 1991, 50', VOSG)


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.