1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (3 Votos)

Foto - EFE - Senem PousaGaliza - Sermos Galiza - Unha explosión provoca danos na Casa do Concello de Beade.


 

O estoupido foi ás catro da madrugada e causou danos materiais na porta do edificio. O alcalde de Beade, Senén Pousa, volveu recentemente ao albo da polémica por reiterar públicamente as súas simpatías franquistas.

A Garda Civil investiga unha explosión que, sobre as catro da madrugada deste luns, causou diversos danos materiais na Casa do Concello de Beade, segundo informa a Radio Galega.

O alcalde da vila, Senén Pousa, volveu defender publicamente hai uns días o réxime de Franco. Este rexedor, do Partido Popular, ten organizado durante anos misas en honra do ditador para alén de defender o sistema franquista. Unhas declaracións e actos que non lle significaron reprimenda nin medida disciplinaria algunha por parte do seu partido.

Alcalde: "Non sabemos se foron os mesmos que os da basílica do Pilar de Zaragoza"

En declaracións a Europa Press, o rexedor e Beade afirmou que o estoupio "foi horríbel" e que se escoitou "en toda a vila" así como "na do lado". Preguntado sobre a posíbel autoría, Pousa afirmou: "Non sabemos quen foi, non sabemos se foron os mesmos que na basílica do Pilar e Zaragoza".

Pola súa banda, o ministro do Interior, Fernández Díaz, atribúe os feitos a unha "operación radical".

Foto de EFE, via Zoom News (CC3.0) - O franquista Seném Pousa

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.