1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

120913 Ruanova.redimensionadoGaliza - Diário Liberdade - Reproduzimos o comunicado remetido ao Diário Liberdade polo desportista galego Antón Ruanova, denunciando a falta de apoio da Federaçom de Triatlo aos e às desportistas da especialidade. 


NEGOCIO REDONDO PARA A FETRI. REALIDADE RUINOSA PARA O DEPORTISTA

Non gosto das escusas. Non gosto agocharme por detrás do fácil tópico omnipresente da mala sorte. Por iso penso, repenso e moitas veces conxelo escritos para denunciar, o que ao meu modo de ver, son inxustizas.

Hoxe, coa forza que me da o Subcampionato de España Elite de Tríatlon logrado este fin de semana, quero expresar a miña visión do nulo apoio que recibo por parte da Federación Española de Tríatlon (FETRI). Diría máis, nulo apoio e pancadas varias, buscando minar a miña ilusión por seguir crecendo.

A FETRI, que conta neste 2013 con tres persoas cobrando 66.000€/año de nómina, reduciu de xeito drástico o diñeiro aportado á xente que lles da de comer: os deportistas. Este 2013, a FETRI só paga as viaxes de deportistas ao Campionato de Europa (Turquía), á Final do Campionato do Mundo (Londres) e á proba do Mundial que se disputa en Madrid.

O resto das probas do Campionato do Mundo (WTS), Copas do Mundo ou Copas Continentais, necesarias para acceder a esas probas de máximo nivel, corren a cargo dos deportistas. Si, liches ben, o deportista paga inscrición, a viaxe, o hotel.... para representar á FETRI no Campionato do Mundo, e ademais está obrigado a correr coas cores e os sponsors da federación. Negocio redondo para a FETRI. Realidade ruinosa para o deportista.

Arriscando diñeiro e ilusión, en maio decido participar na Copa do Mundo de Tríatlon de Huatulco, en México. Poño 1.500 € espremidos do meu peto para verme loitando cos mellores no tríatlon ITU máis duro do mundo. O meu 6 º posto e o premio económico axudoume case a cadrar gastos, pero sobre todo insufloume unha impagábel ilusión. A FETRI non me deu nada. Ben, minto, recibín un correo electrónico de felicitación polo resultado. Co subidón do resultado e sabendo que a FETRI dispoñía dunha praza libre para as WTS de Kitzbuehel, escribín solicitando que tramitasen a miña inscrición.

Petición denegada. Por que? Segundo a Dirección Técnica eu non cumpro os seus criterios. E o recente sexto lugar en México? Simplemente dinme que para eles esta proba non está nos seus criterios. Curiosamente si cumpro os criterios da ITU (International Triathlon Union- Federación Internacional de Tríatlon), e teño a posición no Ranking Mundial que me permite competir, posto que escalara moitos lugares cos puntos de Huatulco. E, repito, a solicitude era só para que a FETRI me tramitase a inscrición. Eu pagaría a viaxe, inscrición, hotel, dietas... Para estar nestas WTS eu tiña pagado a viaxe a México e mellorando a miña situación no Ranking Mundial, polo que tiña dereito a competir. A FETRI non tiña que deixar fóra a ningún deportista, xa que había unha vacante. Eu cumpría o criterio da ITU.

O resultado ? Ruanova fica na casa. Dúas veces subcampión de España Elite de Tríatlon e nunca me deixaron debutar na máxima división do tríatlon, as WTS; apesares de correr eu cos gastos.

Isto é ao que me refiro cando digo que eu non sinto ningún apoio da FETRI. Non me refiro a apoio económico (que sendo subcampión de España non recibo nin un só euro pola súa parte), se non por tódolos obstáculos que a FETRI pon ao noso desenvolvemento deportivo e persoal.

Posibelmente non arranxarei nada. Tampouco creo que vaia crear novos inimigos contando isto. Pero eu quería expresar a miña realidade, e a realidade cínica da FETRI. Isto non ten sentido. Un organismo con salarios profesionais para xestionar un diñeiro que non chega a uns deportistas ridiculamente amateurs.

Antón Ruanova. 10-Setembro-2013


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.