Reproduzimos a seguir os pormenores e novidades da convocatória que nos fijo chegar a entidade convocante, Associaçom de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil.
14 de setembro: concentraçom em Ponte Vedra na praça da Peregrina às 12 do meio-dia
A Asociación de Amizade Galego-cubana Francisco Villamil convoca a todas as persoas solidarias con Cuba e defensoras dos dereitos humanos a un acto en defensa dos 5 cubanos presos en EE UU por terse infiltrado en grupos terroristas de Miami, que asasinaron a 3.478 cidadáns da Illa desde 1959.
O acto consistirá nunha concentración o 14 de setembro na praza da Peregrina en Pontevedra. Posteriormente ás 14:30, terá lugar un xantar de confraternidade no centro social Revira (r/ Gonzalo Gallas, 4, rés-do-chao) no que participarán o Cónsul Xeral de Cuba e unha delegación da asociación portuguesa Porto Com Cuba. O custo do xantar é de 13 euros e as persoas interesadas deberán comunicar a súa asistencia en galegocubana@gmail.com.
O prazo para apuntarse ao xantar remata o 10 de setembro.
Menú: empanadas de atún e carne, carne ao caldeiro, sobremesa, café e "chupiño".
Adega: viño, auga, refrescos e cervexa.
Ademais a Associaçom Cultural Revira organiza unha pequena festa cubana a partires das 22h con "mojitos" e música da illa