1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

110813 gzGaliza - Sermos Galiza - Os xogadores que dirixe Carlos Seco, que están recoñecidos como selección oficial, devolven a visita que os bretóns realizaron a Narón hai un ano, con vitoria galega. O partido xógase este domingo.


A excepcional presenza dunha selección galega oficial nun encontro disputado no estranxeiro farase realidade este domingo en Lorient, cando o combinado de fútbol gaélico se medirá ao de Bretaña durante o famoso festival céltico que alí se celebra.

O fútbol gaélico de Galiza -un deporte popular que é o referente nacional en Irlanda e leva tres anos de desenvolvemento no país cun enorme éxito- sobe así outro chanzo alcanzando un nivel case inédito como o da internacionalización total xogando a domicilio.

Case vinte serán os xogadores que se desprazarán -grazas ao seu propio esforzo- até Lorient para medirse aos locais nun partido que devolverá a visita que os bretóns fixeron a Galiza o ano pasado, cando ambos conxuntos se mediron en Narón no que era a estrea da selección galega, que derrotou aos visitantes por 23 a 17. Segundo o adestrador Carlos Seco "nesta ocasión será moito máis complicado repetir a vitoria pero por nós non vai quedar".

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico está recoñecida de xeito oficial e internacional pola GAA, conta con tres equipos masculinos e tamén comeza a crear os femininos, até o punto de que tres xogadoras do Fillas de Breogán da Coruña foron chamadas pola selección europea para xogar en Irlanda. A maiores, o fútbol gaélico en Galiza tamén conta con outros clubs, de carácter mixto.

Foto: Fundaçom Artábria.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.