1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Foto - O comboio acidentadoGaliza - 15M da Ria - Desde o grupo do 15M da Ría, queremos mostrar o noso profundo pesar polos feitos acontecidos en Compostela o pasado día 24, e desexamos a pronta recuperación de todas as persoas feridas. E por suposto expresar o noso afecto a tódalas persoas afectadas, ás súas familias, e ás súas achegadas.


Desde o respecto a todas elas, consideramos que a mellor homenaxe que se lles pode facer, é ir ate o final na investigación das causas e das consecuencias do accidente, non pechándoo en falso, como hai anos se fixo coa Comisión do Prestige ou co accidente do Metro de Valencia, procurando cabezas de turco como fixeron co capitán do Prestige e o maquinista do Metro.

Queremos suliñar a gran resposta tanto do conxunto da poboación, como de todos os servizos de asistencia. Quedou unha vez máis en evidencia a solidaridade de todo o pobo, tratando de ofrecer toda a axuda posible nunha situación dramática que dificilmente esquecerán, e o compromiso e dignidade das traballadoras e traballadores, como os bombeiros en folga, que acudiron sen dubidalo, e que foron as que co seu esforzo lograron mitigar as terribles consecuencias deste accidente. Pola súa banda, desde as institucións limitáronse a acudir para sair na foto, e mesmo chegando a emitir comunicados copiados de anteriores catástrofes. Outra mostra da concepción que desde un lado e outro se ten dun servizo público, ao servizo do pobo. E que tamén debería servir para darse conta de quén ten realmente a capacidade de controlar estes servizos públicos.

Desde un primeiro momento asistimos a un xuízo prematuro, no que se sinalaba sen dubidalo a responsabilidade única do maquinista. Difícilmente un accidente destas características é consecuencia dun só factor. Pero son moitos os intereses en xogo, xa que a industria ferroviaria está a optar a contratos de varios miles de millóns de euros en países como Brasil, Arabia Saudí ou os EEUU. Por iso desde un primeiro momento desde Renfe e Adif dirixíronse as responsabilidades a unha imprudencia do maquinista, para o cal utilizaron tamén de voceiros ós principais medios de comunicación, que incidían nesta tese, ou ben apelaban ó aspecto emocional (morbosidade incluida), para unha vez máis non chegar ó fondo, e así evitar esclarecer TODAS as responsabilidades. É moi sintomático, que o trazado fose inaugurado e presentado ós 4 ventos como de alta velocidade, pero agora téntase deixar claro que non corresponde ó que se chamaría o AVE, xa que cun accidente destas características quedarían inhabilitados para optar a tan desexados contratos.

1.- A intrincada rede ferroviaria galega, en desmantelamento pola política de recortes do goberno (o 90% das liñas desaparecerían o 31 de xullo, agora aprazado polo accidente), na que se combinan trazados do século XIX coa Alta Velocidade e limites de velocidade que van desde os 75 km/h ata os 300. De feito o tramo onde se produciu é no que a Alta Velocidade conecta na convencional e pasa en 4 km de 200 a 80.

2.- Este salto no vacio dunha estrutura decimonónica ó máis avanzado, ten que ver co illamento histórico (falta de investimento) de Galiza no terreo ferroviario, como expresión do social e o político. Santiago, como Coruña e Vigo, son as únicas zonas urbanas do Estado de máis de 300 mil habitantes que non contan con servizo de Cercanias, que aquí é substituído por un rexional, mais caro que si fose un cercanias, onde a frecuencia non esta establecida para que se use como tal. Ademáis, desde que implantaron as novas vias de "alta velocidade" pecháronse moitas estacions intermedias.

3.- Quixeron dar este salto tralo accidente do Prestige, que é cando Aznar promete o AVE a Galiza no 2010, pero que se ha ir atrasando, paralizado prácticamente no 2008 cando estala a crise. De feito, fai unhas semanas había un debate sobre a proposta dun enxeñeiro de que se podería facer un AVE dunha soa via, para aforrar custos, de tal xeito que hoxe non hai AVE, é tren de velocidade alta con tramos de AVE, tramos de convencional e outros dunha soa via.

4.- A Zona onde produciu-se o accidente estaba previsto que a liña saltásese esa curva, entrando de xeito máis directo en Santiago, pero o alto custo en expropiaciones -e o consiguiente conflito social-, pois é zona urbana de casas baixas, chalets, e vivendas unifamiliares (o urbanismo galego é tan caotico como o sistema ferroviario) fixo que o aparcasen, mantendo a vella linea convencional, uníndoa á do AVE.

5.- O argumento de ADIF para que a catro km de Santiago o sistema Europeo de freado deixe de funcionar e se pase ao español, é que entra en zona urbana e polo tanto o maquinista xa ten que ir amodo. Este argumento, que parecería válido, vénse abaixo porque en Cercanias de Madrid si teñen instalado o europeo, e que saibamos, tamén é zona urbana, ademais os trens non teñen que pasar de 250 km/h a 80 en catro km, senón que xa van parando nas estacións. Entón porque non o teñen en Compostela, e por extension, a estación de Coruña tampouco o terá, que é a donde chegan eses trens?.

6.- Tanto o presidente de ADIF como o de Renfe e o goberno, pretenden evitar unha verdadeira investigación do sucedido, e non ter así que responder a por qué gastándose 6.000 millóns de euros na liña Madrid-Galiza, non puideron instalar o sistema de freado europeo a 4 km de Compostela, nunha curva que xaavisara da súa perigosidade ata na viaxe inaugural o ano 2011, coa presenza (e as tortas por sair na foto) de Pepe Blanco, Feijóo e toda a parafernalia d PPSOE.

7.- A investigación esta levandoa unha comisión de Renfe/ADIF, é dicir, "xuíz e parte"ou a máis vulgar de " a raposa gardando o galiñeiro".

Por iso cremos que é o momento de esixir:

Primeiro: unha COMISIÓN INDEPENDENTE DE INVESTIGACIÓN, entre sindicatos, familiares das victimas e técnicos independentes que vaian ata o final en TODAS as causas do accidente, para determinan TODAS As RESPONSABILIDADES,

Segundo: Estamos en plena loita contra a privatización de RENFE polo que isto ten que servir para redoblar esta loita denunciando o gasto faraonico que é o AVE, NON LLE CHAMEN AVE AO QUE NON É AVE, e segundo, A QUE NO NOME DESTA CHAPUZA NON DESMANTELEN A REDE FERROVIARIA GALEGA, por un verdadeiro sistema ferroviario que integre territorialmente o conxunto de Galiza (sistema de Cercanias XA!).

Terceiro: Polo que supuxo de despilfarro, esixamos unha AUDITORÍA -apertura das contas das empresas implicadas- dos 6.000 millóns que se gastaron na liña e que non serviron para evitar a traxedia humana que foi o accidente.

Chamamos á poboación a se mobilizar por estes obxectivos, pois nin os gobernos, nin ADIF nin RENFE, en proceso de desmantelamento e privatización, contan coa nosa confianza.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.