1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Foto do Diário Liberdade - Mobilizaçom do naval em FerrolGaliza - CUO-Ferrol - Os traballadores e traballadoras de Navantia e das compañías auxiliares presentes nos estaleiros aprobaron onte, 1 de xullo, en asemblea, dúas novas mobilizacións en demanda de máis ocupación:


- Xoves 4: Marcha a pé polos municipios da ría. Sairá ás 11:30 horas da porta da antiga Bazán e, tras unirse aos obreiros da factoría de Fene, percorrerá Neda e Narón ata regresar de novo a Ferrol, sobre as 17:00 horas.

É recomendábel levar chaleco reflectante e calzado cómodo, alén do xantar.

Está programado realizar paradas en Fene, Xubia e Megasa.

- Xoves 11: Concentración ante o «Adelaide», o único barco en construción na ría, para protestar pola falta de resultados na política comercial de Navantia.

Desde os Comités para a Unidade Obreira (CUO), facemos un chamado á participación nestas mobilizacións

É moi importante que toda a clase obreira da comarca, tanto a que aínda está dentro dos estaleiros como a que xa foi despoxada do seu posto de traballo, fagamos piña á hora de visibilizar a bárbara problemática da falta de carga de traballo nos estaleiros, posto que non só afecta aos obreiros e obreiras directamente relacionados coa construción naval, senón tamén ao conxunto das clases traballadoras e sectores populares cada vez máis empobrecidos da comarca que dependen deste importante centro produtivo.

Sinalamos unha vez máis á Unión Europea dos monopolios como principal culpábel desta dramática situación que se vive na comarca, cunha estratexia orientada á destrución dos sectores públicos para a transformación en novos espazos de acumulación de capital para os monopolios privados.

A destrución de forzas produtivas, o incremento da taxa de explotación, o abaratamento da forza de traballo, a destrución de dereitos laborais e sociais, xunto coa guerra imperialista, son as vías do capitalismo para remontar a súa crise de acumulación a costa das condicións de vida da clase obreira e o conxunto do pobo traballador.

Desde os CUO temos claro que só forzando unha saída revolucionaria fóra das cadeas imperialistas da UE e do euro poderá conseguirse un futuro digno para a clase obreira do sector naval e para o conxunto do pobo traballador, sen vetos nin incompetentes ao mando, mais que si son competentes e eficaces á hora de responder e servir aos intereses do capital monopolista.

Chamamos pois a secundar a marcha do próximo xoves, e encetar o necesario e urxente camiño de unidade e loita obreira contra a Europa dos monopolios e o sistema capitalista quen nada ten que ofrecer ás clases traballadoras máis que sobreexplotación e miseria.

Adiante coa loita dos obreiros e obreiras do naval!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.