1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

280613 dignamenteGaliza - ODS-Coia - 27 de xuño preto de 80 persoas convocadas pola Parroquia Cristo da Victoria, a ODS-Coia e o Grupo de Axitación Social (GAS) nos achegamos ao Concello de Vigo e á Xunta de Galicia para entregar nos seus rexistros o centenar de follas de denuncia social que recollimos na campaña "Vivir dignamente é un dereito"...


... que ten como obxectivo denunciar o crecente empobrecemento que sufrimos inxustamente unha gran parte da cidadanía e esixir ás institucións públicas que cumpran coa súa obriga de garantir o dereito de todas as persoas a unha vida digna.

Tras uns meses cheos de actividades de denuncia e sensibilización en torno a esta campaña, esta mañá acudimos ao Concello e á Xunta para facer entrega das 100 primeiras solicitudes asinadas por persoas que decidiron dar o paso de expoñer a dramática realidade de insuficiencia de recursos económicos que están a padecer as súas familias e de esixir por escrito á Xunta e ao Concello unha Renda Básica que lles permita vivir con dignidade.

Baixo o lema "Coa que está a caer, Renda Básica XA" marchamos dende o Concello ata a Xunta protexidos por paraugas e parasois, para lembrar aos políticos no poder a súa obriga de garantir o dereito de todas as persoas a ter os ingresos suficientes para cubrir as necesidades básicas.

Na Xunta atopamos atrancos á hora de entregar as follas de denuncia social, pois membros da Policía Nacional e a seguridade privada nos impediron o acceso ó vestíbulo do edificio da Xunta argumentando que só unha persoa podía acceder ao mesmo para entregar todas as solicitudes. Nós insistimos no noso dereito de acceder ao vestíbulo e agardar nel mentres un representante do colectivo entregaba as follas no rexistro, pero ante a negativa das forzas de seguridade, optamos por tentar entrar cada persoa a entregar unha das peticións de xeito individual. Aínda así continuaron a nos impedir a entrada ao edificio e só tras moito negociar conseguimos entrar aos poucos a facer entrega das solicitudes. Adxuntamos a continuación no seguinte enlace algunhas imaxes do acto:


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.