1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Foto - Cartaz da Festa da Bouça 2013Galiza - ODS/CCV-Coia - Co Centro Cultural a cultura popular vai a máis! Este é o lema baixo o que celebraremos a festa popular de A Bouza 2013 xentes e colectivos do barrio de Coia.


O programa de actividades para esta festa é:

VENRES 14

- Proxección do documental "Con el Corazón en la Calle" e coloquio, ás 20h00 no salón de actos da parroquia (rúa Baiona 9, Coia).

SÁBADO 15

- Mesa informativa sobre a campaña "Vivir dignamente é un dereito", todo o día no Parque de A Bouza (zona do bosque preto da rúa Cronista Rodríguez Elias).

- 12.00: Roteiro por A Bouza. Paseo lembrando a historia dun barrio que logrou manter este espazo como zona verde.

- 13.00: Actuación do GRUPO DE PANDERETEIRAS "LUMIEIRAS" DO CENTRO CULTURAL RUEIRO

- 14.00: 14: XANTAR COMUNITARIO

- 16: XOGOS POPULARES PARA TODOS. Campionato de chave.

- 19.00: ACTUACIÓN DO GRUPO DE GAITAS DO CENTRO CULTURAL RUEIRO

- 20,30: ACTUACIÓN DA BANDA DE MUSICA "DELICIAS DO CAEIRO"

- 21h00 – Cea comunitaria na carballeira

- 22h00 – Remate final a queimada

Organizan: Movemento Cidadán "O noso barrio", Rueiro, ODS-Coia e Dorna

Movementos do bairro destacan actividades sociais

A ODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria, Movemento Cidadán "O noso barrio", Rueiro e Dorna convidamos a que participedes nas actividades programadas dentro da Festa de A Bouza 2013.Dentro das actividades programadas nos destacamos dúas, unha o venres e outra na propia data da festa, o sábado 15:

- Proxección do documental "Con el Corazón en la Calle" e coloquio, venres 14 ás 20h00 no salón de actos da parroquia (rúa Baiona 9, Coia).

O documental rodado en Zaragoza "narra na primeira persoa e falando do corazón as experiencias dun grupo de persoas vinculadas a diferentes movementos sociais entre o ano 1975 e o ano 2000. Focando a atención máis no como e no porqué do que no cando e canto, o documentario pretende oferecer un ollar persoal e subxetivo da historia das loitas sociais destes 25 anos de transición 'pacífica e democrática'."

- Mesa informativa sobre a campaña "Vivir dignamente é un dereito", sábado 15 todo o día no Parque de A Bouza (zona do bosque preto da rúa Cronista Rodríguez Elias).

Con esta campaña denunciamos a dramática realidade que están a padecer moitas familias a través da presentación masiva dun escrito exercendo o dereito de petición perante a Xunta e o Concello; escrito onde o asinante expón as súas circunstancias económicas e sociais e solicita unha Renda Básica que permita satisfacer con dignidade as súas necesidades básicas.

Ademais destas actividades durante a festa tentaremos gravar un vídeo do que non vos imos adiantar nada...


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.