1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

FestaCineclubeGaliza - Cineclube Compostela - O Cineclube de Compostela celebra este sábado 8 de xuño unha nova edición da súa tradicional festa de aniversario. Desta volta, contarase coas actuacións de Santos Morcegos!!!  e a Familia Caamagno, ademais do picadiscos DJ Chapaev, e tamén coa obra Hámster do grupo Histeria Teatro. E como non podía ser doutro modo no Cineclube, tamén haberá proxeccións, con distintas pezas de Daniel Cuberta e María Cañas. Todo no Centro Social O Pichel (Santa Clara, 21), a partir das 19:30.


Un ano máis, o Cineclube de Compostela celebra este sábado 8 no Pichel a súa tradicional festa de aniversario, nesta ocasión con doce anos cumpridos de difusión e reflexión sobre a cultura cinematográfica.

A festa vai dar comezo ás 19:30 horas, iniciándose, desta volta, cunha obra de teatro. Será con Histeria Teatro, que ven representar unha versión reducida do Hámster que estrearon o pasado 26 de Abril. Este "pretexto para un espectáculo en tres partes de teatro físico sen cancións", de Santiago Cortegoso, foi seleccionado nos III Encontros de Magalia. Nel, o hámster macho e a hámster femia viven na súa gaiola, cos seus conflitos e as súas contradicións: un está feliz dentro; a outra devece por saír fóra.

A continuación, á partir das 20:30, terán lugar as proxeccións. Nesta ocasión poderemos ver tres pezas lúdicas do cinema sevillano máis contemporáneo. Comezaremos con dúas curtametraxes de Daniel Cuberta: De jamones y monjas e Secreto para despertar al pueblo. Cuberta, con estudos no audiovisual, leva máis dunha década sorprendendo coas súas micropezas, que teñen sido calificadas de poesía audiovisual ou videocreación, aínda que el se ten referido a elas como "amor bastante irreflexivo pola representación, polas cancións ou polos xogos de palabras".

Mais o prato forte das proxeccións será a mediametraxe de María Cañas Sé villana (La Sevilla del Diablo), un muestrario-rebelión sobre a industria dos fanatismos e unha homenaxe á humanidade máis "aperreá": á creación popular, á forza dos débiles, cans verdes, poetas, exiliados, tolos, prostitutas... María Cañas, licenciada en Belas Artes, ten exhibido os seus traballos en numerosos festivais internacionais e dirixe Animalario TV Producciones, un contentor en construcción permanente, dedicado á cultura da reciclaxe e ao apropiacionismo.

Tras unha pausa, darán comezo os concertos, aproximadamente a partir das 22:00 horas. Comezaremos a noite coa banda de surf-western instrumental de Fedorento (A Guarda) Santos Morcegos!!!. Os guardeses veñen de publicar este ano o seu terceiro traballo, Raios e centolas. A continuación, será a quenda da Familia Caamagno, chegados dende a Galiza máis profunda para, mesturando o garaxe, o blues, a empanada de pulpo, os spaguetti bolognesa, a proba dos rixóns, o rhythm and blues, o punk, o sexo nas obras, a hixiene persoal e a extorsión con swing, facer bailar a todos os que se acheguen. Unha vez rematados os concertos, aínda, contaremos coa presenza de DJ Chapaev.

O mércores que ven, 12 de xuño, a programación vai continuar cunha proxección paralela a 8ª Mostra de Cinema Etnográfico que se desenvolve no Museo do Pobo Galego. Será co filme Triste Trópico (Triste Trópico, Brasil, 1974), de Arthur Omar. Definido como "documental antropolóxico ficticio", o título deste filme alude ás memorias etnográficas de Levi-Strauss sobre Brasil e a biografía surrealista do doutor Artur Álvaro de Noronha, un médico inventado que acaba por convertirse ao mesianismo indíxena, evoca a vangarda caníbal e carnavalesca do Manifesto Antropófago de Oswald de Andrade.

Os filmes van ser proxectados na súa versión orixinal. A entrada aos concertos será de tres euros, destinados integramente aos grupos.

PRÓXIMAS PROXECCIÓNS

Sábado 8 de xuño a partir das 19:30 no Pichel
FESTA ANIVERSARIO Nº12
19.30 | Teatro
Hámster (Histeria Teatro, 30')

20.30 | Proxeccións
De jamones y monjas (Daniel Cuberta, 2011, 37', VO)
Secreto para despertar al pueblo (Daniel Cuberta, 2012, 1'26, VO)
Sé villana. La Sevilla del Diablo (María Cañas, 2013, 40', VO)

22.00 | Concertos
Santos Morcegos!!!
Familia Caamagno
DJ Chapaev

Mércores 12 de xuño ás 21:30 no Pichel
Triste Trópico
(Triste Trópico, Arthur Omar, Brasil, 1974, 75', VOSP)
Sesión paralela da 8ª Mostra de cinema etnográfico do Museo do Pobo Galego

Mércores 19 de xuño ás 21:30 no Pichel
Taller de flamenco
(Taller de Flamenco, Alfonso Camacho, Estado Español, 2013, 69', VO)

Mércores 26 de xuño ás 21:30 no Pichel
Que veñen os socialistas!
(¡Que vienen los socialistas!, Mariano Ozores, Estado Español, 1982, 85', VO)
Presentada por José Manuel Sande e José Luis Castro de Paz
Sesión especial olimpíadas


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.