1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

310513 povosunidosGaliza - Corrente Vermelha - Corrente Vermella súmase aos movementos e colectivos que convocaron a manifestación internacional do 1 de xuño baixo a lema "Pobos Unidos contra a Troika", para protestar contra os seus plans de axuste e miseria, impostos a través de gobernos cómplices.


"Chamamos a todas as persoas, con ou sen partido, con ou sen traballo, con ou sen esperanza (...) Apremamos a todas as organizacións políticas, movementos sociais, sindicatos, partidos, colectivos, grupos informais, a unirse a esta xornada", di a convocatoria, que denuncia como"millóns de persoas estamos a ser condenadas ao paro, a pobreza e mesmo á morte por unha débeda ilexítima e impagable, que no seu maior parte é privada, de bancos, grandes empresas e entidades financeiras".

Por iso, colectivos procedentes do Estado Español, Francia, Italia, Grecia, Chipre, Irlanda, Inglaterra, Escocia, Alemaña e Eslovenia, reunidos en Lisboa o 26 de abril, convidados o movemento portugués "Que se Lixe a Troika" (Que se foda a Troika), piden tomar as rúas contra a Troika, pola democracia, a liberdade e os dereitos sociais, para dicir "non ao golpe de estado financeiro", "Non debemos, non pagamos".

Cada día é mais necesaria a unificación internacional das loitas dos traballadores e dos pobos contra a Troika e a propia Unión Europea, que non é máis que unha arma de guerra para saquear aos traballadores e aos países mais débiles en prol de banqueiros e capitalistas.

Hai que gañar a rúa contra a Troika e fortalecer a loita para derrocar aos gobernos que aplican os seus plans en cada país. Da mesma maneira, un movemento internacionalista contra os banqueiros e capitalistas esixe expor a ruptura coa Unión Europea e o euro e defender unha Europa dos traballadores e dos pobos.

En coherencia co sentido da xornada, hai que rexeitar a política das burocracias sindicais que pactan os plans da Troika en cada país, como fan neste momento CCOO e UXT, mentres desmobilizan e fragmentan as loitas. Co beneplácito do PSOE e de EU.

Derrogación da reforma laboral e o pensionazo!
Redución da xornada laboral sen diminución de salarios!
Educación e Sanidade públicas. Non aos recortes e privatizacións!
Non pago da débeda e auditoría!
Referendun xa para saír da UE e do euro!
Fora Feijoo, Rajoy e todos os gobernos da Troika!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.