A entrega de premios terá lugar no salón de actos do propio centro de ensino da vila do Baño e haberá un premio para cada unha das catro categorías, tal e como se detallaban nas bases deste certame presentado nos primeiros días deste maio longo.
Afiánzanse os lazos de irmandade da nosa asociación co colexio don Aurelio, que xa naceu anos atrás coa convocatoria do concurso Na Nosa Língua e continuou co préstamo das exposicións «Xohán Xesús González, porta dun futuro proletario» e «Un paseo pola Literatura Galega: entre as follas dos libros vellos«
Non podemos máis que agradecer que dende o colexio da nosa vila se nos tenda a man, máis unha vez, e aposten de cheo pola colaboración con colectivos sociais coma o noso que o que pretende, entre outras moitas cousas, é estimular as novas xeracións no uso e defensa do noso ben máis prezado coma pobo: a nosa Língua!
E para enriquecer os agasallos, que lles serán entregados as premiadas e premiados, os grupos Machina, Nao, Sonoro Maxín e Ultraqäns quixeron colaborar connosco aportando os seus traballos e/ou camisolas. Son de agradecer as súas colaboracións, porén aínda máis que nestes malos tempos para a lírica en galego endexamais separen, enriba dos escearios, a súa música da língua dos nosos ancestros.
Exemplos de compromiso, coma o bo número de traballos que o alumnado cuntiense tivo a ben presentar ao noso certame. Entre todas e todos conseguirémos que sexan...
Mil primaveras máis para o GALEGO!