Con este obxectivo fundamental, o sábado 25 de maio, organizamos o II Foro Galego da Débeda. A cita terá lugar en Compostela, no Centro Social do Castiñeiriño (R/ Virxe de Fátima Nº1), en horario de mañá e tarde, de 10:30 a 14, e de 17 a 21 horas.
Pola mañá, explicaremos o lema da PACD, "Non debemos, non pagamos", a través de dúas palestras: unha sobre a xénese da débeda e outra sobre as súas consecuencias, a cargo de Marta Rodríguez e de Carlos Taibo, respectivamente.
Pola tarde, nunha mesa de debate con diversos colectivos en loita como os da educación, vivenda, saúde, afectadas pola banca, medio rural e feministas, tentaremos poñer en perspectiva a relación entre a débeda e ditos sectores e así introducir de que maneira sería aplicable a ferramenta da auditoría.
Así mesmo, ao longo do dia, teremos a oportunidade de conversar cun compañeiro de Portugal do colectivo Democracia e dívida.
O foro pretende ser un espazo de contacto, de coñecemento e de debate, que nos permita avanzarmos de maneira conxunta nunha resposta social á crise.
Non debemos, non pagamos!