A asociación do festival está conformada como un colectivo, aberto a toda proposta de persoas ou asosiacións sempre que se atopen
desvinculadas de actitudes ou valores sexistas, xenófobos, racistas, relixiosos ou que non respeten ás persoas ou o medioambiente.
O mes de maio, mes de flores, de letras, de cultura, reinvindicación e poesia. A organización do Festi-Val das Brétemas fará posible que Galiza e Palestina sexan as protagonistas da axenda cultural no Condado. Para iso ofrecerá unha chea de actividades na semana do sábado 11 ao venres 17, día das nosas letras.
A seguir deixamos o programa cultural, que se desenvolverá en Ponteareas:
• Sábado 11 de Maio: Con motivo da celebración do Día da Nackba Palestino (15 de Maio), proxectaranse unha serie de curtametraxes relacionadas con o conflito árabe-israelí. A súa vez haberá unha exposición fotográfica do artista colombiano Omar Castañeda e, posteriormente, desfrutaremos dunha conferencia impartida polo doutor Mohamed Safa, activista palestino. As actividades terán lugar no auditorio Reveriano Soutullo a partir das 17.00.
• Mércores 15 de Maio: O Festival de cine árabel AMAL estará presente nas xornadas o propio dia da Nackba Palestina coa proxección do documental, cedido por eles, "Al Nackna" Será proxectado no auditorio Reveriano Soutullo a partires das 17.00.
• Venres 17 de Maio: Día das Letras. A partir das 16.00 as crianzas poderán desfrutar de actividades lúdico-culturais por medio de xogos, talleres e as historias do Bardo Abelardo (Servando Barreiro). Ás 18.00 na Casa da Triga estarán; Teresa Moure (Escritora), Servando Barreiro (Músico), Lara Gonçales (organizadora Festival da Poesía), Uxía Morán e Roberto Roget (actriz e actor do Gran Compadre), para falarmos da situación e difusión da nosa lingua na Galiza do século XXI

