Galiza - Forxa! - As e os Comunistas de Galiza, organizados en FORXA!, PCPE e CMC-CJC convidámosvos a acompañarnos no acto de homenaxe ao comunista Julián Grimau, no 50 cabodano do seu asasinato a maos dun pelotón de fusilamento fascista, o vindeiro sábado 20 de abril no Monte do Castro (fronte ao Concello de Vigo), ás 12:30 horas.
Chamamos a comunistas, antifascistas e traballadores e traballadoras de Vigo a secundar e difundir esta convocatoria.
O único camiño para saír da explotación, da miseria, do capitalismo e as súas crises: o camiño de Julián Grimau.
Fronte Obreira e Popular, Loita Obreira e Socialismo!
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.