Crítica da política municipal marcada pola lacra da corrupción institucional, iniciativas de auto-organización popular, defensa do pequeno comercio frente á aterraxe das grandes áreas, o conflito da Donuts, etc. configuran o resultado final do noso traballo para facilitar información local en formato papel e desde posicións de compromiso cos intereses veciñais e coa nación. Animámosvos a descargalo e a facernos chegar as vosas suxestións para seguirmos mellorando esta ferramenta colectiva.