1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

corazonsementesGaliza - Cineclube Compostela - O Cineclube de Compostela acolle, esta cuarta feira 27 de marzo, a última proxección do ciclo dedicado á guerra do Vietnam. Será a do filme Corazóns e mentes (Hearts and Minds, EUA, 1974), de Peter Davis, realizado no tempo xa da sinatura da retirada das tropas estadounidenses. A sesión vai ter lugar no lugar e horario habituais, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21:30 horas.


Cun título baseado nunha frase do presidente estadounidense Lyndon B. Johnson ("a vitoria final depende dos corazóns e mentes da xente que efectivamente vive alí"), que deu nome a unha campaña de propaganda ianqui no Vietnam, este filme utiliza material de arquivo e numerosas entrevistas para mostras as devastadoras consecuencias da intervención norteamericana na zona. Nas palabras do director, o filme tentaba responder a tres preguntas: "'Por que fomos a Vietnam?' 'Que fixemos alí?' e 'Que fixo en nós o que fixemos alí?'"

A produción de Corazóns e mentes naceu como un filme, parte do traballo xornalístico de Pater Davis, sobre o xuízo de Dan Ellsberg e Tony Russo, acusados de roubar e publicar os "papeis do Pentagono" sobre a historia secreta da Guerra do Vietnam. Mais a imposibilidade de falar coas testemuñas tanto da defensa como da acusación, convertiu o documentario completamente, trasladándose Davis ao Vietnam, para entrevistar á xente e gravar as localizacións que aparecerán finalmente no filme. Alí, perante a devastación do país, o filme virou de análise fría sobre o terreo en alegato contra a guerra.

Nacido en Santa Mónica en 1937, Peter Davis é escritor e xornalista ademais de cineasta. Licenciado pola Universidade de Harvard en literatura inglesa, entrou brevemente no The New York Times antes de traballar, de 1961 a 1964, na serie de televisión FDR, sobre Franklin Delano Roosevelt. En 1965, entra na CBS News como escritor e traballa en documentarios sobre temáticas como a revolta estudiantil, a homosexualidade, o racismo, a guerra dos seis días ou a fame nos EUA. Tras iniciarse na dirección en 1966 con dúas curtas, Pub e Strip, dirixe o documentario Anatomía da violencia (1967) e, sobre todo, A venda do Pentagono (1971), sobre as relacións públicas do departamento de defensa dos EUA, que recibiu numerosos premios. A este seguiranlle Corazóns e mentes, Sudáfrica: O Laager branco (1977), Xeracións de resistencia (1980), a serie documental Middletown (1982) para a PBS, Winnie e Nelson Mandela (1986), Ascensión e caída do Borsch Belt (1986) e Nelson Mandela: De prisioneiro a presidente (1994), ademais doutros traballos como guionista ou produtor.

A vindeira semana, baixo o nome de "leccións de historia", comezará un novo ciclo no Cineclube, que mostrará diversos xeitos de representar a historia no cinema. O mércores 3 de abril, o ciclo vai dar comezo coa proxección de Aula de historia (Geschichtsunterricht, RFA, 1972, 88′), de Danièle Huillet e Jean-Marie Straub, filme baseado en Os negocios do señor Xulio César, de Bertolt Brecht, no que un condutor na Roma contemporánea encontra antigos romanos que relatan como a manipulación política e económica da sociedade romana abriu o camiño para a ditadura.

O filme vai ser proxectado na súa versión orixinal, con subtítulos en galego. A entrada é de balde, puidendo adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube. O Cineclube tenta ser unha asociación autoxestionada, polo que para manter o noso funcionamento, propoñemos unha aportación económica persoal, cunha cota mensual de 5 euros para traballadoras e de 3 para estudantes e paradas. Os socios e socias poderán dispor do fondo do Cineclube antes das proxeccións, os mércores de 21:00 a 21:30.

PRÓXIMAS PROXECCIÓNS

MARZO 2013

Mércores 27 de marzo, ás 21.30h no Pichel
Corazóns e mentes
(Hearts and Minds, Peter Davis, EUA, 1974, 112', VOSG)

ABRIL 2013

Mércores 3 de abril, ás 21.30h no Pichel

Aula de historia

(Geschichtsunterricht, Danièle Huillet / Jean-Marie Straub, RFA, 1972, 88′, VOSG)

 

Mércores 10 de abril, ás 21.30h no Pichel
Culloden

(Culloden, Peter Watkins, Reino Unido, 1964, 69′, VOSG)

 

Mércores 17 de abril, ás 21.30h no Pichel

Sobibór, 14 de outubro de 1943, 4 da tarde

(Sobibór, 14 octobre 1943, 16 heures, Claude Lanzmann, Francia, 2001, 97′, VOSG)

 

Mércores 24 de abril, ás 21.30h no Pichel

Torre Bela

(Torre Bela, Thomas Harlan, Portugal, 1975, 81′, VOSG)

 

Foto: Cineclube Compostela


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.