Será a primeira vez que poderemos visualizar na sede da entidade os filmes do festival, xa que por mor da rehabilitación utilizaron outros espazos nas anteriores edicións.
A III MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO 2013 será en Ferrol, xoves 21 de marzo de 2013 ás 19 h, no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán. Entrada de balde.
Programa
* "CON ETIQUETA"
de ADRIANA PÉREZ VILLANUEVA
Ano 2013 Duración 62' Galego
Sinopse: Este documental ofrece as voces espidas dun grupo de persoas relacionadas dalgunha manera coas enfermidades mentais. Xente cun diagnóstico, xente que diagnostica e familiares desvélannos esa outra realidade agochada naquelas persoas que están ao noso arredor. Unha hora na que nos achegamos ao difícil proceso vital dunhas persoas que comparten moito máis cunha etiqueta.
* "PROXECTO ZECA"
de PABLO PORTERO
Ano 2012 Duración 15' Galego
Sinopse: Dedicado a recordar a figura do poeta e músico Zeca Afonso.
* "O RELOXEIRO"
de RITA ROMERO
Ano 2012 Duración 54' Galego
Sinopse: Esta é a historia de Evanxelino Taboada, o último construtor de reloxos de Galicia. Esta é a historia dunha filla que quere recordar, dun escritor que investiga, dunha sociedade marcada polo estalido da guerra civil. A historia do pasado contada dende o presente. Esta é a historia dos artesáns do tempo.
Memoria
Relacion de Documentais proxectados nos 3 anos de Mostra
XABIER MARQUÉS SOLLA
"Boca a boca" 15' Galego
Sinopse: Contradicións, usos, abusos, tópicos, desexos e rebeldías con relación ao decreto do plurilingüismo.
MARCOS NINE BUA
"O sol nos chaos" 27' Galego
Sinopse: En Amoeiro (Ourense) os petroglifos de A Ferradura amosan un antigo calendario, inscrito na paisaxe.
MARCOS NINE BUA
"A fábrica" 20' Galego
Sinopse: O téxtil en Galicia. Rosa é unha muller próxima aos 60 anos. É ama de casa, e a súa vida non se diferenza moito doutras.
MARCOS NINE BUA
"Manuscritos pompeianos" 17' Galego
Sinopse: Os muros de Pompeia, construídos orixinariamente para a protección da cidade.
MANUEL IGLESIAS NANIN
"En medio de algures" 16' Galego - Árabe
Sinopse: Nos campamentos de refuxiados saharauís de Tindouf, en Arxelia, na parte máis dura do deserto do Sáhara, o pequeno Mohamed érguese como cada mañá. Mentres, nos demais campamentos, a vida tamén esperta ao seu propio quefacer.
SIMONE SAIBENE OURENSE
"Regreso a San Andrés" 26' Galego i Castelán
Sinopse: Esther decide cumprir unha viaxe seguindo as pegadas do seu mozo Andrea, morto hai pouco tempo. Con poucas probas da viaxe de el (recibos, resgardos fiscais, debuxos e fotos) sae cara a Galicia. En Cedeira colle unha habitación no hostal onde Andrea durmiu o ano pasado.
ADRIANA PEREZ VILLANUEVA
"O partido" 7´58 Galego e Castelán
Sinopse: Un grupo de rapaces de 12 anos deciden facer un partido político. É hora de cambiar o mundo, de buscar novas formas de goberno ou de reiventar as que nos ensinaron .... porque algo haberÁ QUÉ FACER, NON?
COLECTIVO BiciLab
"Lembranzas das Encrobas" 7'42'' Galego
Sinopse: As Encrobas, lugar de Cerceda, onde durante 30 anos foron desaparecendo ate 60 aldeas ante o destructivo avance da mina a ceo aberto, que antaño nutriu de lignito á Central Térmica de Unión Fenosa, e que agora estase enchendo con auga para facer un lago artificial.
* "Memorias Rotas. A balada do comandante Moreno"
de MANANE RODRÍGUEZ
66' Galego
Sinopse: Doloroso destino que, no pobo de Acevo na Fonsagrada, sufriron o comandante Moreno e os seus compañeiros.
* "MINAR v.t. fig. Levar á ruina pouco a pouco"
10' Galego
Documental realizado como parte dun curso de vídeo participativo, realizado por ACSUR en Ferrol.
Sinopse: Reflicte as consecuencias no caso de que a administración dese luz verde ó proxecto de Andalucita S.L. en Goente no Pico Vello.
* FERROL 1936
de JORGE GIL
55' Galego
Sinopse: Ferrol un pequeno punto dentro do territorio español, aínda que estratéxico naqueles momentos. Ano 1936.

