1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

vietnamefilmeGaliza - Cineclube Compostela - O Cineclube de Compostela proxecta, esta cuarta feira 6 de marzo, A compañía 317 (La 317ème section, Francia-España, 1965), de Pierre Schoendoerffer. Con este filme dá comezo un mes de marzo dedicado á guerra do Vietnam, conmemorando o feito de que no mes de marzo de 1973, hai corenta anos, os Estados Unidos, retiraron de maneira definitiva as súas tropas deste país. A sesión vai ter lugar no lugar e horario habituais, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21:30 horas


A compañía 317 está baseada na novela do mesmo título do director. É o ano 1954, cando aínda a guerra era chamada de Indochina e non do Vietnam. No contexto da batalla decisiva de Diên Biên Phu e dos acordos de paz de Xenebra, a compañía 317 é un grupo de soldados franceses e vietnamitas que inician a súa retirada a través de territorio hostil. Centrado no exército colonial, este non é, porén, un filme de heroes, senon que os desexos de fuxir dos soldados non ocultan a súa capacidade para abusaren dos civís.

O filme foi gravado coa técnica de cámara ao ombro para algunhas das escenas, que case o achegan ao cinema verité, transmitindo a soidade e a angustia dos propios soldados. O obxectivo buscado, nas palabras de Schoendoerffer, camerógrafo de guerra, era que "a cámara tiña que xogar o papel dun soldado invisíbel. Non debía amosar máis do que podían ver os soldados. Do mesmo xeito, non podía ser vista polo inimigo. [...] Eu quería evocar ese sentimento de claustrofobia que aos poucos vai oprimindo a sección 317. Á fin, fixen o filme como se fai a guerra".

Pierre Schoendoerffer naceu en 1928 nunha familia alsaciana. De mozo foi mariñeiro mercante, xornalista e logo de facer o servizo militar nos alpinistas franceses, alistouse voluntariamente no servizo cinematográfico do exército francés. Foi destinado a Indochina onde gravou os combates na definitiva batalla de Dien Bien Phu, Alí foi capturado e o seu material confiscado polo Vietminh. O director material rescatou ese material, usándoo para o seu filme Vietnam (1955), e intercedeu diante do Vietminh para liberaren a Schoendoerffer coa condición de que lle axudase na montaxe do filme.

En 1966, de volta en Vietnam, filmou o que sería o seu documentario máis famoso, O pelotón Anderson (1967), que grava con cámara ao ombro a vida dun pelotón americano en plena guerra do Vietnam. Entre os seus filmes atópanse títulos como O paso do demo (1956), Than: o pescador  (1958), A Alxeria dos combates (1959), O sentinela da mañá (1976) ou Diên Biên Phu (1992). Schoendoerffer morreu hai agora un ano, en marzo de 2012.

O mércores que ven, 13 de marzo, continuaremos co ciclo sobre Vietnam coa proxección de No ano do porco (In the Year of the Pig, EUA, 1968), documentario do cineasta militante Emile de Antonio sobre as orixes da Guerra do Vietnam. Realizado en pleno apoxeo, do conflito, o filme, cualificado por de Antonio como o preferido da súa filmografía, está artellado a base de material histórico e entrevistas, salpicadas de ironía en non poucos casos. O seu posicionamento a favor do pobo vietnamita foi acollido con hostilidade entre certo público estadounidense, recibindo os cinemas onde se exhibía ameazas de bomba e ataques vandálicos.

O filme vai ser proxectado na súa versión orixinal, con subtítulos en galego. A entrada é de balde, puidendo adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube. O Cineclube tenta ser unha asociación autoxestionada, polo que para manter o noso funcionamento, propoñemos unha aportación económica persoal, cunha cota mensual de 5 euros para traballadoras e de 3 para estudantes e paradas. Os socios e socias poderán dispor do fondo do Cineclube antes das proxeccións, os mércores de 21:00 a 21:30.

PRÓXIMAS PROXECCIÓNS

MARZO 2013

VIETNAM

Mércores 6 de marzo, ás 21.30h no Pichel
A compañía 317
(La 317ème section, Pierre Schoendoerffer, Francia-España, 1965, 90', VOSG)

Mércores 13 de marzo, ás 21.30h no Pichel
No ano do porco
(In the Year of the Pig,  Emile de Antonio, EUA, 1968, 103',VOSG)

Mércores 20 de marzo, ás 21.30h no Pichel
O paralelo 17: A guerra do pobo
(Le 17e parallèle: La guerre du peuple, Joris Ivens/Marceline Loridane, Francia-Vietnam, 1968, 113', VOSG)

Mércores 27 de marzo, ás 21.30h no Pichel
Corazóns e mentes
(Hearts and Minds, Peter Davis, EUA, 1974, 112', VOSG)


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.