1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

250213 CUT-CNT-26F2Galiza - CNT - Desde as centrais sindicais CNT e CUT, e co apoio da Asemblea Aberta de Compostela e das Asembleas Abertas de Estudantes, convócase ao conxunto da clase obreira e da cidadanía de Compostela a unha manifestación que terá lugar o próximo martes 26 de Febreiro, con saída ás 20:00 desde a Praza de Vigo e remate na Praza do Toral.


A manifestación convócase baixo a lenda Malia a represión, malia a precariedade, a nosa forza é imparábel, e tenta ser unha resposta popular, ampla e unitaria ante os últimos ataques por parte da Policia e a Administración de Xustiza contra os dereitos de expresión, reunión, manifestación, liberdade sindical e folga.

Despois das últimas detencións e rexistros domiciliarios, e ante os sumarios abertos por feitos acontecidos durante as dúas últimas folgas xerais e que afectan a case corenta persoas, desde a CNT e a CUT percebemos a necesidade de articular unha resposta ao que semella ser unha forma de conculcar, mediante a acción policial, o conxunto dos dereitos políticos e sindicais que a clase traballadora gañou con moito esforzo, e tamén ás veces con sangue, e que hoxe están en evidente perigo de desaparecer. Entendemos que, ante a desproporción e a discrecionalidade da actuación policial e xudicial, é necesaria unha acción conxunta e solidaria entre o conxunto do tecido asociativo de Compostela, do movemento obreiro e das centrais sindicias. Entendemos que estamos a vivir unha situación política e económica que non ten volta atrás, que conscientes do carácter corrupto e das prácticas explotadoras e precarizadoras da clase empresarial e política, cada vez máis milleiros de persoas fan da rúa o seu espazo desde o que articular estratexias de modificación consciente da sociedade capitalista nunha sociedade libre, xusta, de iguais.

Entendemos que é a actual unha fase decisiva da mobilización de base, que é hoxe o día que a clase traballadora nos xogamos a nosa propia existencia e que, ante os intentos de inocular o medo e a desmobiliazación por parte do Capital, é necesaria unha resposta frontal, ampla, que integre ao conxunto da poboación que padecerá estes ataques, que demostre que a nosa voz está presente na rúa e nos centros de traballos cun único horizonte: a transformación integral desta sociedade, transformación que xa está en marcha e que é, pese a quen pese, imparábel.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.