1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

filmecineclbGaliza - Cineclube Compostela - O Cineclube de Compostela comeza o mes de febreiro coa proxección, este mércores 6, de Z32 (Z32, Francia-Israel, 2008), de Avi Mograbi, que non se puido proxectar o pasado 16 de xaneiro, dentro do ciclo sobre Palestina, por problemas técnicos. O filme colle o título do nome en clave do personaxe central: un mozo ex soldado israelí que participou no asasinato de dous policías palestinos. A sesión vai ter lugar no lugar e horario habituais, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21:30 horas.


En Z32, Avi Mograbi presta a súa cámara a unha parella. El, un soldado de elite israelí que confesa a súa participación no asasinato de varios policías palestinos nunha manobra militar de vinganza. Frente ás arrepiantes "anécdotas" dun soldado programado para matar que recoñece o "subidón" de adrenalina, a participación da moza como antagonista, tentando conseguir o arrepentimento, ou, cando menos, que el non siga coa súa vida como se nada acontecera. Como terceiro personaxe do filme, o director, Avi Mograbi, que se presenta con intervencións musicais brechtianas ou establecendo consideracións sobre como representar o que se está representando, convertindo o retrato fílmico en duplo: o do suxeito filmado e o seu propio como documentalista que comparte os atrancos e dúbidas morais co público.

Mais é no dispositivo empregado polo director onde radica a complexidade, orixinalidade e honestidade do filme. O soldado, con medo ás represalias, pon como condición que non se filme o seu rostro. Mograbi preséntanolo inicialmente cunha caperuza, para ir, a medida que avanza o filme, mostrándonos máis e máis da súa expresión. Máis non se trata do seu verdadeiro rostro, senón dun nova máscara, creada dixitalmente. Os elementos radicais do dispositivo de Mograbi combínanse para lanzarnos preguntas, nada complacientes, sobre a responsabilidade, o perdón e a construción da verdade cinematográfica.

Avi Mograbi nace en 1956 no seo dunha familia profundamente sionista, mais rompe ben cedo coas posicións familiares. Estuda arte na escola de artes de Ramat Ha-Sharon e filosofía na Universidade de Tel Aviv. Iníciase no cinema como asistente de Claude Lelouch. Durante a guerra do Líbano, convírtese no portavoz dun grupo de soldados que se negan á incorporación, o que lle valerá varios días de prisión. Máis adiante, forma parte dunha organizacións de pais e nais de insumisos ao servizo militar e do padroado do Tribunal Russel sobre Palestina.

Os seus filmes, distintivos e controvertidos, acheganse aos seus temas, nomeadamente a política exterior israelí, a través da análise da estrutura, bebendo das tradicións do cinema directo americano e de Jean Rouch. O seu obxectivo das fitas é provocar unha crise, un punto de inflexión que teste o filmado, cun ollar en primeira persoa como cidadán afectado, que tenta entender e sintetizar aquilo do que está a ser testemuña. Entre os seus títulos destacan Por un só dos meus ollos (2005), que xa se proxectou no Cineclube, A reconstrucción (1994), Como aprendín a superar o meu medo e amar a Ariel Sharon (1997) ou Feliz aniversario, Sr. Mograbi (1999) August: A Moment Before the Eruption (2002)

Con este filme comeza unha variada programación para o mes de febreiro no Cineclube. A vindeira cuarta feira, 13 de febreiro, poderemos ver Os ollos sen rostro (Les yeux sans visage, Francia-Italia 1960), un clásico de culto do director francés Georges Franju,a medio camiño entre o cinema negro e o fantástico. O 20 de febreiro será o turno de Algo de Alicia (Něco z Alenky, Checoslovaquia-Suíza-Reino Unido-RFA, 1988), probabelmente o filme máis coñecido do animador checo Jan Švankmajer, adaptación libre de Alicia no país das marabillas, que presentará Paula Carballeira. E pechará o mes Asfalto en dobre sentido (Two-Lane Blacktop, EUA, 1971), de Monte Hellman,para o que contaremos coa presenza de José Manuel Sande.

O filme vai ser proxectado na súa versión orixinal, con subtítulos en galego. A entrada é de balde, puidendo adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube. O Cineclube tenta ser unha asociación autoxestionada, polo que para manter o noso funcionamento, propoñemos unha aportación económica persoal, cunha cota mensual de 5 euros para traballadoras e de 3 para estudantes e paradas. Os socios e socias poderán dispor do fondo do Cineclube antes das proxeccións, os mércores de 21:00 a 21:30.

PRÓXIMAS PROXECCIÓNS

FEBREIRO 2013

Mércores 6 de febreiro, ás 21.30h no Pichel
Z32
(Avi Mograbi, Francia-Israel, 2008, 81', VOSG)

Mércores 13 de febreiro, ás 21.30h no Pichel
Os ollos sen rostro
(Les yeux sans visage, Georges Franju, Francia-Italia 1960, 88', VOSG)

Mércores 20 de febreiro, ás 21.30h no Pichel
Algo de Alicia
(Něco z Alenky, Jan Švankmajer, Checoslovaquia-Suíza-Reino Unido-RFA, 1988, 86', VOSG)
Coa presenza de Paula Carballeira

Mércores 27 de febreiro, ás 21.30h no Pichel
Asfalto en dobre sentido
(Two-Lane Blacktop, Monte Hellman, EUA, 1971, 102', VOSG)
Coa presenza de José Manuel Sande

Foto: Z32


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.