1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

03Galiza - Filmika Galaika - Este venres 18 de Xaneiro ás 20:00 preséntase en primicia o documental "Lume de Fachós" no Castelo de Castro Caldelas. O filme narra desde unha óptica antropolóxica a tradicional Festa dos Fachós que se desenvolverá no día seguinte á estrea.


Esta película tenta amosar a Festa dos Fachós de Castro Caldelas, o povo que integra esta expresión cultural e tamén serve como toque de atención sobre a necesaria posta en valor das festas tradicionais que corren o risco de se perder na Galiza. A obra, producida pola produtora audiovisual Filmika Galaika e ca axuda do Concello de Castro Caldelas, tentará server de soporte para a promoción da festa e a comarca. "Foi unha experiencia vital inesquecible, pudemos rodar toda a festa e deternos na explicación da construcción do fachón grande e os pequenos. Tamén damos ao expectador as diferentes hipóteses da orixe da festa e todo isto cun ritmo dinámico e áxil para que tanto un "caldelao" coma un foráneo poda entender a importancia da festa" comenta Seném Outeiro, un dos autores do documental.  "Cando escomezamos a pensar na idea de rodar esta festa vimos o potencial enorme dela, das xentes e o espazo arquitectónico da vila. O apoio dos vecinos e veciñas de Castro caldelas foi inmenso e é a hora de que poidan desfrutar deste traballo na véspera da festa" recalca Roi Carballido o produtor da película.  "Para nós é un pracer pór un banzo mais na dignificación da cultura galega e mais sendo na vila na que Don Vicente Risco morou tantos días da sua vida" engade Seném Outeiro.

Foto: Filmika Galaika


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.