Os traballos nesta fortaleza consistiron na limpeza dos muros, roza da maleza e silvas do interior, e limpeza do empedrado do chan.
O vindeiro sábado acometeremos a recuperación doutro espazo público de Ferrol en estado de abandono por parte do actual goberno local.
Queremos transmitir ao grupo popular o noso malestar pola apatía e desconsideración demostrada hacia nós, pois nin tiveron a decencia de respostarnos a un escrito entregado por Rexistro no Concello. As nosas "represalias" virán dadas como ata o de agora, deixando en evidencia o abandono e mal estado da cidade de Ferrol, e cun obxetivo común, a paralización do investimento e malgasto de 916.000 euros de carto público na Praza de España.