1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

021112 parellesGaliza - Galiza Hoje - Gustaríache practicar catalán? Queres ensinar galego? A área de Catalán da USC convida a participaren no programa académico PARELLÆS de intercambio lingüístico e cultural galegocatalán entre estudantes da Universidade de Santiago de Compostela que falen galego ou catalán e desexen aprender, practicar ou mellorar a outra lingua.


Tomar un café, pasear pola cidade, facer a compra na praza, ir ao cinema, de festa ou de sendeirismo... todo serve para falar, conversar, parolar e practicar en galego e catalán, para coñecer así mellor de primeira man a situación sociolingüística en tanto que linguas minorizadas do estado.

O programa vai destinado principalmente ao alumnado da USC que cursa ou cursou estudos de catalán e ao orixinario do ámbito lingüístico catalán que actualmente estuda na USC (programa SICUE), aínda que tamén pode participar quen teña interese polo contacto entre estas dúas linguas e culturas.

Despois dunha primeira reunión de presentación e formación, as responsables de PARELLÆS, as profesoras da USC Dolors Perarnau Vidal e Mercè López Casas, asignarán as parellas que terán que compartir un mínimo de 10 sesións de intercambio até final de curso. Trátase de profundar na lingua e cultura allea e valorizar a propia, ademais de coñecer.

Para apuntarse é preciso enviar un correo electrónico a estudiscatalans.usc@gmail.com

Foto: GH


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.