1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

271012 preferentescarvalhoGaliza - QPNC - Ás 11:00h deste sábado 27 de outubro, sairá da Estación Vella de Autobuses a primeira manifestación convocada na Costa da Morte polos Afectados das Preferentes. Unha demostración de que a xente xa non se agocha, de que a veciñanza estafada xa entende que non tiña por que saber que os produtos adquiridos eran tan tóxicos nin que o banqueiro de toda a vida os ía enganar.


Ademais, contarán co apoio a modo de asistencia de xentes das plataformas de Morrazo, Vigo,Arousa, Rias Altas, Santiago e A Coruña.

Ao longo destas semanas estivemos analizando as Pposibles vías de solucióndos aproximandamente 5.000 afectados da Costa da Morte, ademais de escoitar unhas duras palabras do presidente de NCG Banco nas que recoñecía aos afectados que agora xa só mandan dende Europa.

En todo caso, cómpre saír á rúa para demostrar que a loita segue moi viva, e que ata que a última persoa recupere os seus cartos, a mobilización da Plataforma de Afectados de Preferentes e Subordinadas da Costa da Morte, así como a de todas as Plataformas de Galicia, non parará.

Foto: QPNC


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora