1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

261012 mulherlabregaGaliza - SLG - A Secretaría das Mulleres do SLG celebra o seu encontro anual esta fin de semana con debates sobre os impactos da crise e a Lei do Aborto.


O evento comezará o venres en Teo e rematará o domingo pola mañá cunha manifestación fronte ao Parlamento de Galicia en defensa dos dereitos das labregas

Como acontece cada ano, ao redor dun cento de afiliadas do Sindicato Labrego Galego reuniranse no Encontro Anual que realiza a Secretaría das Mulleres desta organización agraria. Desta vez, o lugar elixido foi a Casa Común de Oza, no concello de Teo, e os debates e obradoiros que se van desenvolver, entre o 26 e o 28 de outubro virarán ao redor de temas como a crise ou a Lei do Aborto.

Deste xeito, o venres haberá un primeiro relatorio titulado “Que supoñen para a cidadanía e para as mulleres a débeda e o rescate financeiro?” que será impartido por Lupe Ces, da Marcha Mundial das Mulleres. Xa o sábado, as charlas serán sobre o impacto na cidadanía e nas mulleres das políticas de recortes no ensino, en sanidade e nos servizos sociais; e sobre a Lei do Aborto, coa participación da avogada Celia Balboa.

Ademais, o encontro completarase con obradoiros de traballo e saídas ao mercado de Teo e á zona histórica de Compostela.

Este encontro anual culminará o domingo, día no que as asistentes elixirán á nova responsable da Secretaría das Mulleres do SLG, e se realizará unha manifestación diante do Parlamento de Galicia en defensa dos dereitos das labregas.

De seguido, achegamos o programa do encontro:

IX Encontro anual da Secretaría das Mulleres - Teo. 26, 27 e 28 de outubro.

Sexta feira, 26 de outubro:

18,00 H.- Chegada.

18,30 H.- Benvida e presentación do programa

19,00 H.- Relatorio: Que supoñen para a cidadanía e para as mulleres a débeda e o rescate financieiro?

21,00 H.- Cea, cos productos caseiros que cada unha aporte.

                Acto benvida das participantes / Intercambio de sementes.

Sábado, 27 de outubro:

  9,00 H.- Os comezos do mercado de Teo.

10,00 H.- Visita ó mercado de Teo

11,15 H.- Benvida institucional do concello de Teo.

11:30 H.- Relatorio: Impacto na cidadanía e na vida das mulleres da política de recortes no ensino, na sanidade nos servios sociais.

12,30 H.- Dinámica de traballo.

13,30 H.- Comida

15,30 H.- Lei do Aborto: qué supón a actual lei e as consecuencias das posibles modificacións.

16,30 H.- Dinámicas / Talleres.

19,00 H.- Saída de Teo

20,00 H.- Visita dunha zona histórica en Santiago de Compostela

22:00 H - Cea

Domingo, 28 de outubro

  9,30 H.- Traballo interno da Secretaría das Mulleres: balance e próximas campañas.

10,30 H.- Elección da responsable da Secretaría das Mulleres.

11,15 H.- Saída cara a mobilización.

12,30 H.- Mobilización en defensa de todos os nosos dereitos.

13,30 H.- Comida e despedida

LUGAR DE CELEBRACIÓN:  CASA COMÚN DE OZA – Teo. O local de Oza está enfronte dunha carballeira, que vindo da estrada ou da autoestrada Santiago-Pontevea queda a man dereita unha vez pasada a urbanización "Os Verxeles".

Foto: Novas Relacións Rurais Urbanas


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.