1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

monte pindo 1Galiza - AMPPN - A campaña para editar a Antoloxía Poética do Monte Pindo mediante a fórmula da subscrición popular só pode calificarse de completo e rotundísimo éxito, acadando en menos de dúas semanas os 1.050 euros que aspirábamos a recadar en case dous meses.


Se non o conseguíamos nes prazo veríamonos na obriga de suspender o proxecto e reintegrar as achegas a todos os amigos e as amigas que colaboraran ata o momento.Pero nunca nos defraudástedes, e esta vez non ía ser distinto.

A día de hoxe podemos anunciar aos nosos amigos e visitantes, e moi nomeadamente aos nosos 59 subscritores populares ata o momento, que a Antoloxía Poetica xa é unha realidade. Se este éxito foi posíbel é unica e exclusivamente grazas ao voso inmenso apoio desde o primeiro momento, que nos levou a batir un récord na plataforma Goteo.org, o que mereceu unha mensaxe de felicitación de Enric Senabre, responsábel de proxectos e comunidade da plataforma:

Esta mesma semana, a Asociación Monte Pindo Parque Natural e os coordenadores da Antoloxía Poética do Monte Pindo, Francisco X. Fernández Naval e Miro Villar, poranse en contacto con Edicións Toxosoutos, que é a que se vai facer cargo da edición, para darlle a boa noticia. Estimamos que a obra estará rematada e lista para entregar a todos os colaboradores en xaneiro ou febreiro de 2013, dado que o proceso editorial é bastante longo e aínda queda moito por facer.

Non obstante, a Asociación Monte Pindo Parque Natural vai manter habilitada a campaña en Goteo.org, dado que aínda que o obxectivo xa esté acadado, é unha excelente forma de facerse cun exemplar a un custe moito máis económico do que terá nas librarías. Ademais o nome da persoa subscritora (ou quen esta desexe) aparecerá recollido na páxina de Agradecementos da obra.

Lembramos que as subscricións pódense facer ata o 19 de novembroaboando 10 euros por exemplar por estes medios:

 

  • Por tarxeta de crédito ou PayPal no noso espazo en Goteo.org
  • Por transferencia á conta da Asociación Monte Pindo Parque Natural: 2080-0025-43-3040001120 (Novagalicia Banco)

 

Grazas a todos e todas por converter este soño nunha realidade. Sodes incríbeis!
 
Foto: Identidade e Traizón

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.