1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Man-in-White-SuitGaliza - Cineclube Compostela - O Cineclube de Compostela acolle este mércores 24 de outubro unha nova sesión da súa programación, coa proxección do filme de Alexander Mackendrick O home do traxe branco (The Man in the White Suit, UK, 1951), unha comedia da Ealing coa que continuará en certo xeito o tema das grandes empresas. A sesión vai ter lugar no lugar e horario habituais, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21:30 horas. 


Sidney Stratton, un brillante investigador químico de Cambridge, é despedido de varios traballos por mor das súas peticións de instalacións caras e a súa obsesión con inventar unha fibra duradeira. Como investigador non remunerado, descubre unha fibra incribelmente forte, que repele a suciedade e nunca se desgasta. Stratton é visto como un xenio, até que comezan a entenderse as consecuencias do seu descubrimento: a crise total da industria téxtil.

O home do traxe branco recolle así o tema do “home corrente” loitando contra o sistema, especialmente común nas comedias da Ealing Studios, o estudio fílmico en activo máis antigo do mundo, especialmente coñecido polos seus filmes dos anos corenta. Dentro desta produción, O home do traxe branco, a segunda longametraxe de Alexander Mackendrick, é, se cadra, a máis cínica e máis complexa das comedias do estudio.

No filme, o elenco constrúe con enxeño todo o espectro político inglés do momento. Nas palabras de Mackendrick, "cada personaxe da historia pretendeuse como unha caricatura dunha actitude política distinta, cubrindo todo o abano desde o comunismo, a través do sindicalismo oficial, o individualismo romántico, o liberalismo, o capitalismo ilustrado e o non ilustrado, até a reacción de man dura. Mesmo o personaxe central pretendía ser un retrato cómico da ciencia desinteresada”.

Escollido polo British Film Institute como un dos 100 mellores filmes británicos, en O home do traxe branco destaca, ademais do guión (que gaño o premio BAFTA daquel ano) e da sobria dirección de Mackendrick, a actuación de Alec Guinness no papel principal, intérprete residente da Ealing e que mostra aquí o seu carácterístico estilo anti-expresivo.

Nado en Boston (EUA) en 1912, Alexander Mackendrick emigrou máis tarde a Escocia, onde comezou a traballar realizando anuncios para a televisión. Co estalido da Segunda Guerra Mundial, é contratado polo Ministerio de Información británico para realizar filmes de propaganda, e realiza varios noticieiros e documentais, ademais de panfletos e noticias de radio. En 1946 entrará a traballar na Ealing Studios, onde dirixirá os seus filmes máis coñecidos, como Whisky a esgalla! (1949, xa proxectado no Cineclube), The Ladykillers (1955) ou o propio O home do traxe branco.

En 1955, coa venda da Ealing á BBC, regresa aos Estados Unidos, onde exercerá como profesor de cinema no Instituto das Artes de California. Continuará tamén a dirixir filmes, máis cunha produción escasa (Doce cheiro do éxito en 1957, Sammy vai ao sur en 1963, Tormenta en Xamaica en 1965 e Non faga ondas en 1967), debido a enfrentamentos cos produtores polo seu perfeccionismo. En 1993, morre de pneumonía en Los Angeles.

A cuarta feira que ven, 31 de outubro, o Cineclube de Compostela vai fechar o mes co primeiro convidado desta tempada. Será o director galego Ángel Santos, que ven presentar o seu filme Adolescentes (Galiza, 2011), unha visión contemplativa e libre de prexuízos sobre a adolescencia a través de diferentes retratos filmados. Despois da proxección haberá un debate co realizador.

O filme vai ser proxectado na súa versión orixinal, con subtítulos en galego. A entrada é de balde, puidendo adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube. O Cineclube tenta ser unha asociación autoxestionada, polo que para manter o noso funcionamento, propoñemos unha aportación económica persoal, cunha cota mensual de 5 euros para traballadoras e de 3 para estudantes e paradas. Os socios e socias poderán dispor do fondo do Cineclube antes das proxeccións, os mércores de 21:00 a 21:30.

PRÓXIMAS PROXÉCCIÓNS

Mércores 24 de outubro ás 21.30 no Pichel
O home do traxe branco
(The Man in the White Suit, Alexander Mackendrick, UK, 1951, 84′, VOSG)

Mércores 31 de outubro ás 21.30 no Pichel
Adolescentes
(Ángel Santos, Galiza, 2011, 63′, VO)
Coa presenza do director

Foto: O homem do fato branco


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.