first
  
last
 
 
start
stop
Arquivado em: greve  slg  estudantado  
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

111012 corunhahojeGaliza - SLG - O Sindicato Labrego Galego quere expresar o seu total apoio ás mobilizacións estudiantís que se están a desenvolver esta semana e, en concreto, á folga de pais e nais convocada para hoxe, 18 de outubro, polo Sindicato de Estudantes, Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos (Ceapa) e Confapa-Galicia. Polo tanto, o Sindicato Labrego Galego subscribe as seguintes demandas que dan contido ás mobilizacións no ensino:


 

  • Non aceptamos un novo cambio de Lei educativa. A sociedade está xa cansa de que cada novo goberno teime en modificar a lexislación educativa, máxime se, como está a ocorrer agora, se fai sen contar cos diferentes sectores buscando cambiar o actual modelo social para satisfacer consignas ideolóxicas.
  • Non aceptamos mentiras para xustificar unha reforma do sistema educativo, terxiversando datos e facendo xuízos de valor que non están baseados en datos contrastados.
  • Non aceptamos o desmantelamento da educación pública para beneficio exclusivo da iniciativaprivada, desviando os fondos públicos para financiar empresas privadas da educación, moitas de dubidosa legalidade que, incluso, atrévense a vulnerar a Constitución coa connivencia de quen deberían cumprir e facer cumprir o marco legal vixente.
  • Non aceptamos que se eliminen todo tipo de axudas ao alumnado e ás familias, se incrementen as cotas e as taxas -aínda máis, creándoas onde non existían-, incumplindo o mandato constitucional da gratuidade do ensino e o dereito de acceso en igualdade de condicións.
  • Non aceptamos que que os irresponsables políticos que nos gobernan sigan a insultar ao profesorado que ensina aos nosos fillos e fillas, profesorado que goza do respaldo das familias e do alumnado co que conviven a cotío, nun ataque sen precedentes contra a figura do funcionario público e dos interinos, aos que se trata en ámbolos dous casos como se fosen bonecos de feira, co único obxectivo de poñer a educación en mans da empresa privada e, con iso, de precarizar a profesión docente.

 

Ademais, como organización agraria que defende os intereses das explotacións labregas da Galiza, o Sindicato Labrego Galego condena as retalladas no ensino público, que se están a cebar especialmente coas escolas rurais, e que se veñen sumar á sangría de servizos públicos, tanto xerais como relacionados especificamente coa actividade agraria, que afondarán no despoboamento que sofre o noso medio rural e, polo tanto, o meirande do territorio galego. Cando a Xunta impón recortes ás escolas do rural está a agredir directamente e a hipotecar o desenvolvemento e futuro dos nenos e nenas daquelas familias que aínda apostan, contra vento e marea, por seguir vivindo no noso campo.

Foto: Greve de estudantes na UDC.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.

Código de segurança
Atualizar

first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.