1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

181012 montepioresidenciaGaliza - CIG-Autonómica - Desde a Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galicia convidámos a participar á cidanía, en xeral, e aos traballadores públicos,en particular, a participar a unha marcha reinvindicativa a Montepío. Na mesma denunciaremos a situación actual dos Servizos Públicos e dos traballadores que os fan posibeis despois de padecer o exercicio de Alberto Núñez Feijóo, centrado moi especialmente en recortar os servizos públicos e  humillar ás empregadas e empregados públicos para converternos nos paganos do despilfarro e mala xestión do seu goberno.


Nomeadamente pretendemos sinalar ao máximo culpable desta situación neste país e por iso imos á súa casa, casa que pagamos todos e todas, a fin de contas un edificio público dende o que se deciden, mandan e ordean todos e cada un dos recortes que sofrimos cidadáns e como traballadores.

A marcha está aberta a todo aquel que queira participar, a todo aquel e aquela que queira manifestar o seu rexeitamento perante todo o que está a suceder cos Servizos Públicos, contra esta política de desmantelamento sen fin.

Sairemos ás 16:30 dende San Caetano e ao chegar a Monte Pío faremos unha merendola a base chourizos, como símbolo do que está realmente a pasar, amenizada con música tradicional. O lema é "Leva o pan, os chourizos xa está alí", ou sexa, non falta pan, sobran chourizos.

Dende a Xunta de Persoal agradecemos a vosa asistencia a esta marcha na que queremos contar co voso apoio, a fin de contas, o pobo é quen mais ordena, iso é o que lle temos que dicir a Feijóo.

Foto: Otto. AGN - Luxuosa residência do Presidente da Junta da Galiza em Monte Pio (Compostela).


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora