A casa construírona falanxistas e nela hai un zulo tamén construído a propósito onde torturaban e mataban ás persoas con ideas contrarias á dereita. Nos azulexos da parede do zulo hai inscripcións con frases como: “para ese viaje no se necesitan alforjas” ou “piensa mal y acertarás”.
Recentemente a casa pasou a ser propiedade de Bankia, pero segundo o colectivo que nestes momentos a okupa e que acaba de crear o Centro de Desobedencia Civil (un lugar social e de uso público onde se desenvolven todo tipo de actividades culturais e sociais), a casa agora é do pobo.
Fotos: Todovigo - A casa ocupada e os macabros cartazes colocados polos falangistas.

