Centrándonos na necesidade de articular un clima permanente de mobilización ante os recortes que estamos a padecer e o que nos quedan, concentrámonos na Praza do Toural até que a manifestación convocada espontaneamente despois dos actos do 25 de Setembro veu a buscarnos.
Logo de manternos na praza un rato máis, decidimos aderirnos a esta manifestación e descender unitariamente até o Parlamento da Galiza, onde se lanzaron consignas contra o governo e pola necesidade da auto-organización popular desde a base e co asemblearismo e o cooporativismo como directrices básicas. Finalmente rematamos o acto logo dun novo paseo até a praza Roxa.