Neste momento de dor, os homes e mulleres da Candidatura do Povo queremos expresar o noso recoñecemento á traxectoria de compromiso de Rosa, sempre ao pé do cañón, e transmitir un forte e cariñoso abrazo a Alberte, a Brais, a Gael e a Iris.
Temos a certeza de que, como sempre foi, alá onde te encontres a partir de agora seguro que xa haberá organizado un grupo de traballadores e traballadoras para argallar unha resistencia, organizar unha folga, denunciar @s "sindicalistas" corrupt@s ou preparar a contraofensiva contra os propietarios do Capital. Na nosa memoria fica o teu espíritu indomábel de loita e resistencia, Rosa. Que o vento te acompañe.
PD: referencia á Rosa Bassave na Wikipedia.




Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.