1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

190412 ggGaliza - CSOA Palavea - Tempos de crise, tempos de saqueo, tempos de luita, e polo tanto tempos de unión.


Convócase a tódolos movementos sociais, colectivos interesados, individualidades, persoas fartas, xente con inquedanzas, curiosxs en xeral, indignados, cabreadas, cidadáns e cidadás e todas aquelas persoas que se sintan incluídas en estes o calquera outro adxectivo que defina o sentir xeral dos traballadores, estudantes, paradas, pensionistas e cidadás e cidadáns en xeral que non acatan nin pensan consentir a situación actual de roubo, saqueo e emprego das nosas vidas en prol de conseguir manter un orde social inxusto e que está a caer polo seu propio peso.

Só temos que empurrar un pouco máis!

Propoñemos, dende o CSOA Palavea mais en réxime aberto e de autoconvocatoria, a data do xoves 13 de setembro ás 20:00 da tarde no propio Centro Social, para levar a cabo unha reunión na que se poñan en común as diferentes propostas e sentires, asi coma a a valoración de anteriores accións e o sentir xeral que deixaron as mesmas, valoración tamén dos erros cometidos e mellora dos mesmos, e sobre todo ter un tempo e un espazo para artellar con tempo suficiente o que desexamos facer na nosa cidade, de xeito colectivo, de cara aos difíciles e cruciais tempos que se nos botan enrriba.

Agardamos a vosa asistencia e participación, sempre crítica, sempre positiva.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.