1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

060912 redeiras-3Galiza - CUT - Tramando o noso berro: chegou o pasquín das mulleres da CUT Compostela!


Achegamos o primeiro número do pasquín que a Secretaría das Mulleres botou a andar para dar conta da súa actividade comarcal e trasladar ás afiliadas informacións, reflexións, reportaxes, produción artística e todo aquilo que consideremos de interese para formarnos e construír o noso berro colectivo. Para atopar un espazo propio na organización e contribuír a fiar un novo xeito de facer sindicalismo de clase, combativo e antipatriarcal. Podes descargalo premendo nesta ligazón.

E para facernos donas dese material puxemos en marcha o concurso “Un berro, un nome”.

Desde o 5 ao 30 de setembro as afiliadas da CUT de todas as comarcas podedes enviar propostas de nome  para o noso pasquíndepositándoas na urna do local sindical de Compostela, no teléfono 981 58 44 27 ou ben enviando un mail acut.compos.mulleres@gmail.com . Tamén imos levar a urna ao Festival Proletario do 22 de setembro para aproveitar a inspiración paisaxística e  reivindicativa que nos ofrece a península do Morrazo. Cada afiliada pode presentar todas as propostas que se lle ocorran, non hai máis límite que o que poña a vosa imaxinación!

A mellor proposta desfrutará dun apetecible premio: unha estadía con pensión completa en Compostela a cargo das compañeiras da Secretaría das Mulleres, que deseñarán unha programación cultural e de ocio especialmente adaptada aos gostos e intereses da gañadora.

Neste primeiro número do pasquín, ademais de facer un repaso fotográfico pola actividades que realizamos no primeiro semestre, difundimos o Obradoiro de Promoción de Saúde das Mulleres que imos desenvolver durante os meses de setembro a decembro.

Para presentar esta proposta e concretar a temporalización da mesma (periodicidade, carga horaria, etc) convidamos a todas as afiliadas a un encontro o vindeiro mércores 12 de setembro ás 17:00hs no local sindical.

Contamos coa vosa presenza!

Foto: CUT


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.