Hoxe falamos da xoia da coroa en tono positivo. I é que a Asociación Monte Pindo Parque Natural vén de artellar unha nova actividade para dar a coñecer o Olimpo Celta.
Trátase dun amplo roteiro a desenvolver o sábado 22 de setembro. Está previsto que a actividade comece ás 08:00h da mañá no Fieiro, lugar onte tamén rematará o percorrido.
Dende a organización explican que é un roteiro un pouco máis longo do habitual, e o obxectivo é o de dar a coñecer máis en profundidade algúns dos puntos máis descoñecidos, aos que difícil é chegar sen a axuda de persoas expertas. Falamos de lugares tan fermosos coma o Pico Penafiel ou a Cova da Xoana. Tamén visitarán a Laxe da Moa.
Outra das funcións da visita radica en evitar os episodios sucedidos nas últimas semanas, nas que foron ata 10 persoas as que se perderon.
Requisitos e recomendacións
A asistencia a esta actividade terá carácter gratuito. Recoméndase levar o xantar, e roupa e calzado cómodos e axeitados á meteoroloxía. Tamén auga.
Foto: Un dos lugares a visitar será o Penafiel - Foto: Bieito Romero