Repite no festival o grupo de jazz “Balea´s Blues Quintet”. No apartado da escea teremos con nos a “Teatro Nu”, e seguiralle no escenario o grupo “Seara”, que precederá ó cantautor portugués “Carlos Clara Gomes”.
Pecharán o III Festiproletario o grupo ourensán “The Tetas Van” e “O Neto de Manoel e os fillos de quen”.
Como nas anteriores edicións, pola tardiña haberá recital poético, estarán con nos; Oriana Mendez, Vazquez Pintor, Isaac Chovín e Iago Castro.
Tamén haberá campeonato de Cachisa (Billarda) e de Chave e desde o mediodía funcionará até a madrugada o servizo de bar.
Podedes ampliar a vosa información sobre o III Festival da Cultura Proletaria en festiproletario.blogspot.com. Para chegar ó Adro de Darbo é ben fácil, queda a 3 quilómetros de Cangas na estrada a Aldán pola costa.
Foto: CUT




Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.