1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

220812 -avelino castelao estradaGaliza - Adiante - Fóisenos, cheo de humor como viviu, o compañeiro Avelino Pousa Antelo (“Lucho do Peto”), aos seus 98 anos, nas terras de Teo. Fóisenos, mais Pousa Antelo permanece na historia, e vivo na raíz da memoria da mocidade revolucionaria galega.


Con Avelino, veciño da Barcala, concello da Baña, decae unha das últimas testemuñas da fundación das Mocedades Galeguistas e da súa aposta irreductibelmente galeguista de preguerra. Da súa firmeza proestatutaria, nunha loita irremediábel naquel seu tempo polo recoñecemento da autonomía galega republicana. Da aposta democrática do Partido Galeguista contra o fascismo organizado, e sobre todo, dunha actividade constante e firme a prol da cooperativización agraria no rural galego, converténdose nun dos máis destacados mestres da economía solidaria de dimensión nacional galega, feita e pensada para as nosas Terra e Tempo.

Con todo, con Avelino renace tamén un soño novo. O dunha escola libre, democrática, popular, ao servizo do pobo traballador galego. Con el, inscribiuse nas paredes da nosa historia e da nosa identidade colectiva, como máis unha batalla, un nome, o da “Escola Agrícola da Granxa Barreiros” en Sarria, dende cuxas aulas se desenvolveu unha loita silente, insubmisa, contra a escola gris, segregacionista, da ditadura española. Unha loita das de decote, por deseñar unha educación das fillas e fillos deste País ao servizo da comunidade, do colectivo. Unha escola-fábrica dos soños que lanzou para a historia unha consigna: a necesidade de democratizar e socializar o coñecemento. A necesidade de acompasarmos os ritmos e os camiñares nunha tarefa frondosa e longa, a da construcción comunitaria da nosa identidade e do noso futuro.

Que a terra lle sexa leve ou non depende de todas e todos nós. Da nosa capacidade para realizarmos inevitabelmente aquel seu e noso soño: o da Galiza liberada.

Foto: Adiante


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.