Dende ADIANTE, como organización xuvenil arredista e comunista, celebraremos neste día e no seguinte, unhas xornadas de reflexión, de loito, pero tamén de loita, na que tamén estarán presentes a alegría e a camaradaxe, nas que tentaremos facer un pouco de memoria histórica para tentar entendernos un pouco mellor como clase e como patria, onde tamén lembraremos a aquela outras persoas protagonistas; as fuxidas, as silenciadas, as touturadas, as perseguidas, as presas... tanto pola fatal ignorancia nacional-católica como pola insaciable avariacía occidental representada no noso país pola oligariquía española.
O xoves ás 6 da tarde no Centro Cívico da rúa Colón, presentarase o documental "O meu nome é Luis Ferreiro", onde estarán presentes o Presidente do Foro pola Memoria de Galicia Xesús Alonso Montero, Roi Cagiao (co-director) e Luis González (protagonista) ,
O venres no Café Cultural Auriense ás 18h estaremos acompañados por Santiago Prol, escritor e investigador que dará unha palestra titulada "Gómez Gayoso e Benigno Álvarez dous herois invisibles na loita antifranquista", e ás 20:30, como colofón, a parte festiva e contracultural virá da man do cantautor punk O Leo i Arremecághona!
Aprendendo tamén se loita.
Vémonos en Ourense compañeirxs!!!

