1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

120812 cangas2012 08 10pGaliza - CUT - Venres tiveron lugar simultaneamente novas mobilizacións en Cangas e Moaña. A partir das nove da noite, as prazas dos Concellos das dúas vilas foron punto de encontro para centos de traballador@s, que desde o pasado 18 de xullo víñan se concentrando todos os venres á mesma hora en Cangas.


O xoves tamén na vila de Bueu houbo concentración na Praza Masso, e tamén centos de viciñ@s acudiron a convocatoria popular que une a distintas plataformas e colectivos obreiros que estamos a enfrontar con decisión as medidas de asalto aos dereitos da clase traballadora, que leva a cabo o goberno do PP e a Unión Europea.

Venres en Cangas, despois da concentración fronte ó Concello, logo da intervención de distint@s portavoces dos colectivos, unha vez máis comezou unha manifestación que foi xuntando a máis e máis veciños perante o percorrido, superando os mil
120812 bueu2012 08 09 1pmanifestantes. Ao finalizar a marcha, na Alameda Vella, interviú un voceiro da CUT facendo unha síntese da necesidade da unidade traballadora e popular na mobilización, sendo de destacar na súa intervención a mensaxe de solidariedade aos xornaleiros andaluces en loita contra a fame, atacando o sistema onde máis lle doe. Entrando nos centros de latrocinio que son as superficies comerciais, para darlle de comer a quen pasa fame.

A partir de agora e ás 21 horas haberá mobilizacións, todos os xoves en Bueu na Praza Masso, e todos os venres á mesma hora en Cangas e Moaña fronte os respectivos Concellos. Con sacrificio, con información e obxectivos claros, poderemos mobilizar á clase traballadora e os sectores populares, para frear as medidas presentes e futuras do capital e os seus xestores.

Fotos CUT


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.