Durante todos os venres ás 21 horas están previstas concentracións en Cangas, tendo como obxectivo a curto prazo que tamén en Bueu e Moaña fagan ó mesmo simultaneamente e a mesma hora.
A convocatoria da CUT foi apoiada por distintos colectivos cidadáns e laborais e esa será a liña de actuación no futuro. Estiveron presentes colectivos de funcionarios dos Concellos de Moaña, Bueu e de Cangas. Tamén traballador@s do Xulgado, de Correos e do Centro de Saúde, das plataformas pola Sanidade Pública, das asociacións de Mulleres de Moaña, e Púrpura, da Plataforma de afectados polas preferentes, etc..
O próximo venres día 3 de agosto, estaremos de novo nas rúas de Cangas.
Foto: CUT




Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.