1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

310712 romarialabregaGaliza - Terra Chá.Já - Ademais dos concursos e dos xogos populares, cinco grupos musicais daranse cita na Carballeira do Cancelo os vindeiros 11 e 12 de agosto.


A Carballeira do Cancelo acollerá o 11 e o 12 de agosto unha das romarías con máis tradición na comarca: a Romaría Labrega da Chaira organizada pola Asociación de Veciños de Os Vilares, Guitiriz, que chega a súa vixésimo segunda edición neste 2012.

Serán cinco grupos musicais – Lumieira, Os Cuchufellos, Andaina, No Combaro e Os Novos Diplomáticos do Acordeón- os que amenicen a festa na que haberá numerosos concursos vinculados ao traballo da terra ou á calidade dos animais do campo ademais doutras probas e competicións.

A xornada do sábado arrincará co concurso-exposición de cans de raza e de vacas rubias e frisonas onde se premiarán os mellores exemplares. Así mesmo, pola tarde celebrarase unha xincana e unha carreira de cabalos; ademais do sorteo dunha novela de rubia gallega despois do pregón a cargo do xornalista Xosé Carreira Vázquez.

E entre as competicións deportivas, destaca a carreira popular – que xa conta con vinte e un anos de tradición- dividida en catro categorías de adultos que contarán con premios en metálico. Ademais, tamén haberá probas para os máis pequenos. E este ano, como novidades, incorpórase tamén unha carreira popular en bicicletas de montaña. Os interesados en participar nas probas deberanse inscribir enwww.championchipnorte.com.

Os xogos populares tamén teñen cabida nesta festa. De feito, a romaría pequena contará con xogos para nenos e nenas coma o pano, tiro á corda ou carreiras de sacos.  Pola súa banda, os maiores terán a súa oportunidade o domingo pola tarde onde practicarán actividades coma o lanzamento do pau de ferro, carreira de caldeiros ou o lanzamentos de pucha.

Entre as numerosas actividades programadas destacan tamén o brilé nocturno de homes contra mulleres, o concurso de sega con gadaña ou as probas de habilidades con segadoras que repartirá 300 euros entre os participantes desta edición. Ademais, sortearase unha viaxe ás Illas Baleares para dúas persoas.

E para xantar, polbo e churrasco

Ambos días servirase un xantar popular a base de polbo, churrasco, empanadas, pan e viño na Carballeira do  Cancelo.

Foto: Terra Chá.Já


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.