1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

260712 sosGaliza - Dioivo - Baixo o lema "SOS Courel, paremos a desfeita", o vindeiro 11 de Agosto en Froxán vaise celebrar a II Festa Revolta, unha xornada de loita festiva en solidariedade cos colectivos do Courel que están a defender a serra contra a ameaza de espolio e destrución patrimonial, e que seguen reivindicando a creación do Parque Natural do Courel.


Retomando o modelo da primeira festa revolta celebrada en 2007 na mesma localidade courelá, organizada daquela polos colectivos SOS Courel, Asociación Fonte do Milagro, Burla Negra, Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo e a Federación Ecoloxista Galega, varios artistas e activistas sociais do país suman forzas para apoiar a toda a xente, veciños, veciñas, amigos e amigas que traballan na elaboración de estratexias para acadar un desenvolvemento sostible que evite o despoboamento e perda dos valores naturais e culturais dunha zona de montaña que é por riba de todo un ben común que debe ser preservado para as xeracións futuras, en palabras dos convocantes.

A intención dos organizadores é facer un chamamento en solidariedade coa asociación SOS Courel para participar na súa campaña de defensa da serra cando máis o precisa. Lánzase así o convite a todos e todas as cidadás a unha xornada festiva de loita que terá lugar o vindeiro 11 de agosto en Froxán, con diversas actividades artísticas e ecolóxicas, na que diversos e diversas artistas do país pasarán revista en clave cómica retranqueira á situación na que se atopa a Serra perante a cobiza e a comenencia duns poucos e a complicidade doutros tantos. Como declaran no comunicado da convocatoria "xa que o poder político, baixo calquera das súas aparencias, non parece aprestarse a servir ao ben común e cumprir coas súas obrigas como garante do noso patrimonio natural e cultural, só aos cidadáns e cidadás nos compre erguer defensas e loitar pola súa preservación coas armas que nos son dadas: o humor e a intelixencia."

A organización avanza xa un programa provisional a falta de confirmar outras intervencións

Venres 10 agosto 2012
22,00h. Proxección do documental "Nacional VI" de Pela del Álamo + Jam Session

Sábado 11 agosto 2012
11,00h. Alborada, a cargo de Mónica de Nut
11,30h. Roteiro Natural pola contorna de Froxán, con intervencións artísticas
14,00h. Sesión Vermú: Os da Ría + convidados
18,00h. Faladoiro sobre parques naturais e desenvolvemento rural
18,30h. a 20,30h. Artes vivas para todos os públicos: Pablo Trasno (malabares), El Retrete de Dorian Gray (teatro de obxectos)
20,00h. Alén da Onda, radio en directo
22,00h. Ultranoite SOS Courel, con participación de Chévere, Os Sancaetanos, Os da Ría, Carlos Santiago, Mónica García, Expo e a Ultrabanda (Xacobe Martínez Antelo, Manuel Cebrián, Max Gómez).

Na mesma aldea de Froxán habilitarase unha zona de acampada para toda a xente que queira facer noite. Tamén haberá postos de comida durante o día. Todas as actividades son de balde. A organización e financiamento desta festa corre a cargo dos veciños e veciñas de Froxán, da Asociación SOS Courel e dos propios artistas participantes, sen subvencións públicas. A colaboración das persoas asistentes será fundamental para viabilizar este tipo de proxectos.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.