1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

210712 25dexullo1Galiza - CUT - A CUT estará en Compostela o 25 de Xullo dándolle contido de clase ao noso día da Patria. O 25 de xullo non podemos esquecer que o contexto económico e político actual está a afundir os nosos intereses comúns e por iso calquera convocatoria que non teña en conta ao pobo traballador galego carece para nós de sentido.


Facemos un chamamento público a inundar as rúas de Compostela mostrando de novo a forza do pobo traballador, e facémolo cunha finalidade clara a curto prazo: a convocatoria dunha nova folga xeral o 26 de setembro. Esta debe ser parte da resposta definitiva ás medidas artelladas dende as portas pechadas da súa “democracia capitalista”, definitiva porque ten que iniciar un camiño que ata agora, dende as maiorías sindicais, non quería verse polo medo a perder o control e pola fe que aínda conservan nun sistema xa putrefacto.

As mobilizacións dos últimos meses (folga xeral do 29 de marzo, manifestacións conxuntas do 19 de xullo) mostraron ás claras que a clase traballadora vai por diante das organizacións sindicais superando todas as espectativas marcadas dende as direccións. Hai necesidade clara de artellar unha resposta conxunta e contundente máis ala dos intereses das siglas de cada quen.

Chegou a hora dos bos e xenerosos, de pelexar polo común, e o 25 de xullo comeza a nosa resposta colectiva. Acudide á concentración na Alameda de Compostela diante do monumento ás Marías ás 11 horas.

O 25 DE XULLO FACEMOS PATRIA, O 25 DE XULLO COMEZA A FOLGA XERAL DO 26 DE SETEMBRO.

Foto: CUT


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.