1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

190712 agrogalegoSLG - O Sindicato Labrego Galego apoiará e participará nas manifestacións convocadas polos sindicatos obreiros nas principais vilas galegas, hoxe 19 de xullo, contra as retalladas do Goberno Central e da Xunta de Galicia, que están a provocar un grave deterioro das condicións e dereitos laborais e sociais da cidadanía en xeral, e da clase labrega en particular.  


Os recortes que estamos a sufrir os labregos e as labregas dende hai anos, intensifícanse agora coas novas políticas para atallar o déficit. Así, asistimos ao desmantelamento de servizos que, aínda que moitas veces de xeito deficiente, se lles estaban a prestar ás explotacións e ás persoas que vivimos no campo. En amplas zonas rurais de Galiza estamos quedando sen atención médica, sen servizos sanitarios de urxencia próximos, sen farmacias de garda, sen comedores escolares, sen escolas nin garderías para os nosos fillos e fillas, sen atención para os nosos e as nosas maiores, con oficinas agrarias comarcais cada vez con menos recursos, sen medios suficientes para prever incendios forestais, coa privatización e empeoramento progresivo dos servizos públicos prestados ás explotacións, etcétera.

Por estas e outras moitas razóns, o Sindicato Labrego Galego estará hoxe, 19 de xullo, nas rúas apoiando as manifestacións contra as retalladas do Goberno Central e da Xunta de Galicia.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.