1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

240612 castrosGaliza - Que se passa na costa? - O pasado venres presentábase no concello de Vimianzo unhas xornadas castrexas que converterán a Vimianzo na capital do mundo castrexo durante a última fin de semana de setembro.


As xornadas culturais que levan por título "Que sabemos dos castros? Xornadas sobre investigación, didáctica e comunicación da idade do Ferro", compoñen un congreso castrexo que, coordinado polo arqueólogo Ángel Concheiro, que traerá a Vimianzo a 18 arqueólogos desde toda a península, un paso máis na posta en valor do Castro das Barreiras, a xoia castrexa do concello soneirán.

As xornadas celebraranse entre o 28 e o 30 de setembro de 2012 en Vimianzo e acollerán ponencias sobre arquitectura castrexa, sobre a relación entre os poboados galaicos e o seu contorno, ou sobre estratexias de divulgación e difusión ao redor da época.

Desde o concello preténdese que as xornadas dinamicen e repercutan en Vimianzo, polo que o sector hostaleiro tamén quixo participar ofrecendo menús e estancias a prezos axustados para os congresistas e para a xente que participe nas xornadas.

O Seminario de Estudos Comarcias da Costa da Morte e a Asociación Xuvenil Cherinkas tamén están involucrados co proxecto. De feito, na presentación contaron coa presenza de Xosé Mª Lema e Manolo Vilar, presidente e vicepresidente do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, e Alejandra Rama, representando á Asociación Xuvenil Cherinkas; as dúas asociacións que colaboran co concello na organización e difusión deste congreso.

A dinamización da vila comeza o venres pola tarde cunha excursión, previa á conferencia inaugural, polo núcleo de Vimianzo. Un itinerario activo que signifique unha viaxe pola historia a través das edificacións da vila.

O arqueólogo responsable da escavación realizada no castro das Barreiras, Ángel Concheiro Coello, mostrouse moi satisfeito pola acollida que as xornadas tiveron entre os arqueólogos, sinalando incluso que recibiu chamadas de investigadores do mundo castrexo que querían participar con ponencias e non puido ser posible incluílos, pois en tres días non collerían máis ponencias. Concheiro sinalou que desde un primeiro pensou na organización dunhas xornadas novidosas, de vangarda, nas que todos os ponentes achegaran datos novos da súa investigación. Desta idea saiu a participación de arqueólogos da talla de Xurxo Ayán, Víctor Bejaga, María Martín Seijo, Ramón Boga, João Fonte ou Gonçalo Cruz.

Máis información e inscricións

Xa está aberta a inscrición on line na páxina web do concello de Vimianzo: www.vimianzo.es, onde tamén se pode atopar infromación sobre a oferta hostaleira e hoteleira que ofertan uns prezos especiais para as xornadas.

Estanse tramitando coa USC e a UDC créditos de libre configuración para o alumnado e co CEFORE (Centro de Formación e recursos) convalidación de horas para o profesorado.

240612 programa


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.