1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

280412 homenagemGaliza - Cultura do País - O seguinte evento celebrarase o sábado 5 de maio e consistirá na Homenaxe ao Zeca Afonso polo 40 aniversario do concerto que deu en Lugo en 1972.


 Trátase dunha programación completa dunha xornada en colaboración coa Associação Jose Afonso (AJA)e os departamentos de português da EOI e máis dos IES Nosa Señora dos Ollos Grandes e Ánxel Fole; así como da Concellaría de Cultura e Turismo do Concello de Lugo.

Nesta xornada haberá unha parte máis formativa e outra lúdica. Comezarán as actividades formativas xa de tarde (16:30) no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes cun Café Escandinávia, no que a xente que acudíu a aquel concerto porá en común a súa experiencia. Posteriormente terá lugar (17:30) unha palestra de Paulo Esperança, do Núcleo Norte da AJA á que seguirá un concerto-espectáculo do grupo de Canto de Intervenção dese colectivo (19:30). Todas estas actividades, a celebrar no devandito instituto, son de entrada libre e gratuítas.

Como broche a esta xornada, celebrarase un concerto con João Afonso e Fred Martins a partir das 23:00, de novo no Clube Clavicémbalo. O custo das entradas é de 15 euros, con prezo reducido a 10 euros para socios e socias de Cultura do País.

As entradas para ambos espectáculos -Noite da Lusofonía e concerto de João Afonso+Fred Martins- estarán á venda anticipada na Libraría Trama (Avda. da Coruña, 21) e máis no Clube Clavicémbalo (R/Paxariños, 23).


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.